Carnés 2014

A partir do sábado 8 poderemos entregarlles o carné de socio deste ano. Poderano recoller en calquera momento do horario de apertura da domus para as nosas actividades da fin de semana.

Recordámoslle que mantemos o precio de 10 euros e que deste xeito poden contribuír a realización de actividades pola nosa parte.

A Asociación Cultural Canle agradeceríallelo enormemente debido a que o 80%
dos nosos ingresos se corresponden coa venda de carnés. Para nós cada
céntimo é importante, xa que cada ano tentamos mellorar todas as
actividades que realizamos.

Saúde e sorte polos camiños