Horarios da fin de semana. Comezo da liga de tenis de mesa. Recollida de carnés e altas de novos socios.

Os horarios para a fin de semana son como siguen:

Sábado 8

  • 16:00 – 17:30 Clases de xadrez.
  • 17:30 – 19:00 Liga de xadrez.
  • 19:00 – 20:30 Primeira xornada da liga de tenis de mesa.

Recordámoslles que en calquera momento do horario de apertura poderán recoller os seus carnés para este ano ou darse de alta como socios. Tamén lles recordamos que para as ligas a asistencia é libre e poden comezar en calquera momento, pois os formatos son flexibles.

Carnés 2014

A partir do sábado 8 poderemos entregarlles o carné de socio deste ano. Poderano recoller en calquera momento do horario de apertura da domus para as nosas actividades da fin de semana.

Recordámoslle que mantemos o precio de 10 euros e que deste xeito poden contribuír a realización de actividades pola nosa parte.

A Asociación Cultural Canle agradeceríallelo enormemente debido a que o 80%
dos nosos ingresos se corresponden coa venda de carnés. Para nós cada
céntimo é importante, xa que cada ano tentamos mellorar todas as
actividades que realizamos.

Saúde e sorte polos camiños