Centro de Interpretación e Conservación da Cultura Mariñeira de Lira

Ahora podes colaborar por BIZUM

A túa achega axuda a completar o cofinanciamento da obra e os elementos necesarios non cubertos pola subvención.

Bizum ao 13450

  1. Abre a app do teu banco.
  2. Entra en Bizum.
  3. Escolle “Donativo”.
  4.  Introduce o código 13450 (AC Canle).
  5.  Indica a cantidade e confirma.

* Se non tes Bizum podes facer a túa achega na conta bancaria da Canle.

Centro de Interpretación e Conservación da Cultura Mariñeira de Lira

Axuda do GALP Costa Sostible

A Asociación Cultural Canle de Lira foi beneficiaria dunha axuda da Consellería do Mar, ao abeiro da EDLP do GALP Costa Sostible, para poñer en marcha o proxecto Centro de Interpretación e Conservación da Cultura Mariñeira de Lira. Operación cofinanciada pola Unión Europea (FEMPA 70%) e pola Xunta de Galicia (30%). Axuda concedida: 200.000 €. Ademais, conta co patrocinio de 30.000 € de Stolt Sea Farm S.A. As obras iniciáronse en 2025 e prevese a finalización en 2026.

A emoción do verán corre por Mar de Lira!

XXXI Carreira de a Pé de Lira

A emoción do verán corre por Mar de Lira!
  • O vindeiro 1 de agosto celebramos a XXXI Carreira de a Pé de Lira, unha cita imprescindible para amantes do deporte, a natureza e o bo ambiente.
  • Donde: Mar de Lira
  • Cando: 1 de agosto
  • Distancias:  3,5 km e 8,5 km
E cando remate a carreira… continúa a festa!
Actividades post-carreira:
  • Sardiñada e pementos de Padrón
  • Actuación da charanga Os Máquinas
  • Música e diversión ata que o corpo aguante

Non quedes sen o teu dorsal!

Inscricións abertas ata o 30 de xullo en:

* O prazo de inscrición remata a finais de febreiro! Non o deixes para o último momento.

Máis información e inscricións: Chama ou escribe un WhatsApp ao 622 219 904.

Colaboran o Concello de Carnota e a Deputación da Coruña. Anímate, agardámoste para facer rumbas e muiñeiras! 

Saca o músico que levas dentro coa Asociación Cultural Canle!

Clases de Música Tradicional

Baixo a mestría do profesor Enol Hernández, abrimos o prazo para que te apuntes e poidas encher de son a nosa vila. Non importa se partes de cero ou se xa tes algo de práctica, o importante é manter viva a nosa cultura!

Toma nota de todos os detalles:

  • Inicio das clases: Luns, 2 de marzo.
  • Lugar: Casa do Mar, en Lira.
  • Horarios (todos os luns):
      • Pandeireta: de 18:00 a 19:00 h.
      • Bombo e Tambor: de 19:00 a 20:00 h.
      • Gaita: de 20:00 a 21:00 h.

novidades
MÁIS ACTIVIDADES

E AINDA HAI MOITO MÁIS POR VIR

Na Asociación Cultural A Canle non paramos nunca. Alén das actividades que xa coñecedes —como a Carreira a Pé, o Festorreo ou os encontros arredor da lancha xeiteira— temos moitas máis propostas en marcha para seguir dinamizando a vida cultural e social de Lira durante todo o ano. Obradoiros, charlas, roteiros, encontros interxeracionais, xornadas sobre o noso patrimonio... e algunhas sorpresas que iremos desvelando pouco a pouco. Todo pensado para fomentar a participación, manter vivas as nosas tradicións e seguir facendo comunidade dende a cultura e o respecto polo noso. Se queres estar ao día de todo o que estamos argallando, síguenos nas redes sociais ou pásate polas nosas asembleas. A cultura faise entre todas e todos. E ti tamén contas.