Ano da Serpe

Un reflexo do futuro baseado nas imaxes do presente.

A percepción da lus mudará de maneira drástica a visión do noso entorno.

————————

Tempos convulsos estes 200 últimos anos, dióxido de carbono, methane, enerxía fósil, deforestación, radiación infravermella, conflitos armados, guerras bacteriolóxicas, corporacións, expansión dos desertos, ondas de calor, incendios, plásticos, pesticidas, casquetes polares fundidos, relixións, fames negras, migracións, satélites, erupcións volcánicas, ciclóns tropicais, infeccións virales, pero sobre todo o pasivo Homo Sapiens, ávido consumista, activando a avaricia de accionistas, directivos e políticos que acabarían esquilmando o planeta Terra ata o esgotamento das súas reservas xeratrices.

Antonio Nodar, Baíñas 1954

Teatro

Compañía DITEA (Santiago de Compostela), Mount view Theater School (Londres),

Jacques Lecoq theater School (Paris).

Fotografía de Prensa (Anos 80 e 90)

Xefe de fotografía no Diario de Barcelona, colaborador en, Diario O Mundo, Axencia EFE, Allo Blanco

Proxectos de Arte

From portrait to self- portrait

No 1996 comeza este proxecto sen final, que consiste en fotografar artistas plásticos, dándolles unha copia do seu retrato para que eles mesmos poidan transformalo nun autorretrato e finalmente confrontalos nunha mesma imaxe, máis de 1.200 artistas de Europa, Asia e CentroAmérica participaron ata o momento.

Exposicións en Barcelona (María José Castellvi) Nepal (Museo Patan) Vimianzo (Sala Antón Mozo) O Salvador (Palacio Nacional) A Coruña ( M.A. C. Gas Natural Unión Fenosa) Paris ( Jour et Nuit Gallery).

Year 2222

Un reflexo do futuro baseado en imaxes do presente. A nosa percepción da luz alterará de maneira drástica a percepción da contorna na que vivimos.

Art Claustrofobic (Anos 80 e 90)

Un grupo humano (K:R:A:), caracterizado individualmente polas súas diferentes habilidades creativas, encérrase voluntariamente en lugares non relacionados co mundo da arte, coa única intención de crear reflexionando sobre o comportamento social. As experiencias eran retransmitidas en directo sobre pantallas de tv instaladas na vía pública.

Badalona. Refuxio da Guerra Civil Española (5 días) e pozo da auga do Matadoiro Municipal (8 días)

Barcelona, ático do Centro Civico de San Andreu (6 días) e Cloacas do Tramo do Passeig de San Joan con Diagonal (7 días)

antonionodar.com