Arquivos da categoría Novas

Que Chévere!

Chévere!

Dende A.C.Canle queremos darlle a noraboa á compañía galega de teatro Chévere, por ese ben merecido “Premio Nacional de Teatro 2014”, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Desta compañía comandada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Manuel Cortés, o xurado destacou a súa “coherente traxectoria de creación colectiva” así como “a vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica”.

Con 27 anos de actividade, Chévere continúa ofrecendo obras cun forte compromiso social, observado dende o punto de vista do humor e expresado na lingua do noso país.

Moita sorte nos vosos proxectos futuros e gracias por ese traballo con principios, atrevido e crítico coa actualidade.

Saúdos e sorte polos camiños.

Advertisements

O Luar en Lira

O vindeiro día 1 de marso e para selebrar o entruido Jaioso e os seus secuases, por única vés na historia selebrarán o Luar fora da discoteca Dona Dana e virán a Portocubelo.

Non se perdan a nova acompañante dese home pejado a un micrófono, falará e dará que falar.

Empesaremos cun curso de sapatería a cargo do propio presentador.

Máis tarde teremos o artista máis juapo da festa, a reaparisión de Chayanne nas pistas do país.

E a presentasión do artista internasional Falete caraqueño e o seu novo disco.

Todo eso e muito máis terá cabida na Lonxa de Portocubelo, peixe abondo que vender…

Cartel EntruidoLira'14

Asamblea extraordinaria 2013

O Vindeiro Sábado día 23 de Novembro ás 18:00 horas, na Domus en Portocubelo, celebrarase a asamblea extraordinaria de socios.

A orde do día será:

  • Resumo das actividades desenroladas durante este ano 2012-2013
  • Presentación da planificación das actividades do próximo ano.
  • Presentación de contas neste último exercicio.
  • Rogos e preguntas

 

Debido ó carácter extraordinario e anual desta asamblea, pregamos a tódolos socios, acudan á cita, para poder exponer as ideas e cuestións que fosen xurdindo.

Saúdos.

Socios de honra.

Este ano como novidade en Canle decidimos crear a figura do socio de honra, o fin é agradecer a toda a xente que non é de Lira e colabora desinteresadamente cas actividades da asociación.

Os socios de honra do 2013 son:

Ana Moreiras: Fichaxe dende Burela, creou todo o atrezzo do Festórreo, grabouno e logo editouno.

Guillermo de Lariño: O gran bruxo da costa da morte, colaborador de Canle de sempre.

Momento entrega de detalles:

Socios de honra 2013

Para o ano máis!

A.C.Canle gañadora do Concurso de embelecemento de espazos públicos.

O xurado ven de facer público o veredicto do concurso de embelecemento de espazos públicos, resultando a Asociación Cultural Canle a gañadora do mesmo polo seu traballo na eira da cabeseira.

Dende a Asociación queremos manifestar a nosa ledicia porque se nos recoñecera o  traballo realizado e dar grazas a todos os que desinteresadamente colaboraron neste proxecto, aportando traballo ou material, sin eles sería imposible obter este premio.

Este é o fallo do xurado.

Saúdos!

Eira da cabaseira

Vimos de realizar uns traballos de adecentamento na eira da cabaseira, o fin destes traballos é dobre: por un lado trátase de adecuar o espazo para un mui próximo evento de Canle e polo outro participar no concurso municipal de embelecemento de espazos públicos. Aquí está o antes e o despois:

Frente da cabaseira

Horta de arriba

Lavadeiro

Parra

Poso

Posta ó día da web.

Por problemas técnicos esta web leva parada un tempo, empezamos a actualización ca relación de membros da nova directiva, elexida na Asamblea Extraordinaria do 26 de Novembro:

Presidente: José Manuel Trillo Saborido
Vice-Presidente: Christian Formoso López
Secretario: Pablo Lestón Beiro
Tesoureira: Pilar Tubío Lariño
Vogais:
Xaquín Formoso López
Luis Leis Formoso
Irene Lago González
Reyes Freire Louro
Francisco Maceiras Tajes
Eloi Sendón Formoso
Tomás Dosil Lago
Pedro Balayo Caamaño
Rosa Quitela Senande
Suso Cambeiro Triñanes
Agustín Lamela Caamaño
José Manuel Lago Dosil
Francisco Javier Martínez Riveiro