Asamblea Xeral Ordinaria 2022
Prezado/a socio/a:
Pola presente quedas convocado/a á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA da AC. Canle de Lira, que terá lugar no local social da LONXA VELLA o día 30 de setembro ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:
- Balance das actividades realizadas neste ano.
- Estado de contas.
- Renovación da Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.
Agardando a túa presenza.
O Presidente
José Manuel Trillo Saborido
Festórreo ’22
Presentamos o cartaz do Festórreo deste ano, esperámosvos.

ASAMBLEA ORDINARIA ANUAL 2020 A.C. CANLE
De conformidade co previsto no artigo 18 dos estatutos da Asociación
cultural Canle de Lira convócase a todas as persoas asociadas a
asamblea xeral ordinaria anual.
Día: 18 de xaneiro do 2020.
Hora: 18:00h, en primeira convocatoria; 18:30h, en segunda
convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
ORDE DO DÍA
• Lectura e aprobación do exercicio 2019.
• Aprobación das contas.
• Rolda de intervencións.
Tendo en conta a importancia do tema que se tratará, pregamos a
asistencia a esta asamblea de todas as persoas asociadas.
Asina o presidente: D. José Manuel Saborido Trillo.
Festórreo 2019
Xa queda menos! Xa está aquí o CabaseiraFest!

Festa Socios 2019
Deixámosvos unha pequena pincelada do evento do pasado venres. Grazas a todos por vir!
As fotografías son de @Nunegraphy, todo un luxo!
RECORDATORIO
Mañá venres 28/06 a partir das 21:00h, triple evento na Lonxa Vella:
· Presentación Festórreo 2019.
· Entrega de premios do V Certame de fotografía.
· Sardiñas e churrasco de balde para os socios.
Vémonos en Portocubelo!