Despois do estreo de A Esmorga e a concesión do premio nacional de teatro 2014 á súa compañía Chévere volve a ser noticia o noso paisano Miguel de Lira polo estreo desta película.
Acompañado por Alfonso Agra, Xosé A. Touriñán, e o habitual Morris, ademáis dos pesos pesados Lola Dueñas e Luis Tosar fai o papel de capataz nunha película de Alfonso Zarauza sobre a burbulla inmobiliaria.
Unha película moi real e actual, case necesaria, que conta as historias dos vencedores e sobre todo os vencidos no sector da construcción nos últimos anos. Non a perdan.
Os-fenómenosSaúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *