Chévere!
Dende A.C.Canle queremos darlle a noraboa á compañía galega de teatro Chévere, por ese ben merecido “Premio Nacional de Teatro 2014”, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Desta compañía comandada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Manuel Cortés, o xurado destacou a súa “coherente traxectoria de creación colectiva” así como “a vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica”.
Con 27 anos de actividade, Chévere continúa ofrecendo obras cun forte compromiso social, observado dende o punto de vista do humor e expresado na lingua do noso país.
Moita sorte nos vosos proxectos futuros e gracias por ese traballo con principios, atrevido e crítico coa actualidade.
Saúdos e sorte polos camiños.

One thought on “Que Chévere!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *