Entrevista a Ramón Senande (Moncho da Mestra)

Fai uns anos membros da Asociación realizaron esta entrevista co fin de saber algo máis acerca de como era a vida do mar. Hoxe expoñémola, esperamos que vos guste:

¿A que idade empezaches a ir ó mar?

Os catorce anos.

¿Era normal por aquel tempo empezar a esa idade?

Normal, eu fun un pouquiño antes porque meu pai tiña confianza na Comandancia, e ó mar tiñas que ir despachado, … a escola había que ir ata os 14, e enliaron o lote ese e fun antes dos 14.

¿Cal era a túa función a bordo?

De rapaz.

A tripulación dunha lancha, ¿cal era?

Eran 4 ou 5 homes, un patrón, tres mariñeiros e un rapaz.

¿Non tiñan ningún nome especial os mariñeiros?

Non, non, eran mariñeiros. Patrón, mariñeiros e un que facía de rapaz, que era o que lavaba o barco, iba buscar a auga, facía de comer.

Era o que cargaba con todo…

Eso é….

¿Había algunha idade a que se deixaba de ir o mar, por exemplo ata casarse… ou non había ningunha?

Podíase ir casi ata dispois de morrer. Non había idade para acabar porque daquela non había xubilación ni nada.

¿Qué tipo de pesca se facía aquí en Lira?

O xeito, as sardiñas con redes, as raeiras, as lagostras; os das raeiras pois iban, chegaban ata Sisargas e Coruña, e todo por ahí adiante.

¿Canto tempo botaban pescando?

15 días, dispois viñan a casa aparellar, encascar o aparello, atalo, e facer víveres e volvían … si. Había bos patróns daquela, porque había nortadas que comían os barcos, …. dous ou tres rizos e veña para adiante; cerraba de borraxeira, non había reló nin compás e todos viñan a terra.

No inverno botábase a lancha arriba ….

Botábase a lancha arriba e vivíase da terra, dúas patacas, dúas espigas. Botábase arriba por Agosto-Septiembre e botábase abaixo por Marso e Abril.

Acórdome do primeiro ano que fun o mar, como meu pai era o patrón, xa ganaba coma un mariñeiro e ganei 66 pesos en tódolos meses eses.

¿Que tipos de peixes se aproveitaban e cales se rexeitaban?

Os bois viñan nas raeiras ou nas nasas, eu anduven cas nasas das lagostras, había outro máis, que era Ciprián, e os bois que viñan, neste tempo xa se aproveitaban, facían arroz con eles e con lumbrigante…. pero antes, cando eu era rapaz, ós bois sacabaselle o zanco e o outro ó mar…; o centolo, o que tiña pacencia para ilo levar a casa levabo, o resto tiraba con el, a beirada apestaba á podredumbre.

O peixe, salábase e secábase, ¿non?, eu de chaval teño visto, no Carballal, nas cabaceiras pulpo colgado a secar…

Si, e fanecas, sardiñas a secar …nós polo regular, que eramos muitos de familia, salábase ó millor dúas baldas mui grandes, non sei fixo non, pero, catro ou cinco milleiros de sardiñas. E tiñas para todo inverno.

¿As lagostras íbase tamén cas lanchas xeiteiras?

Iba, pous na xeiteira, eu falo das xeiteiras, dos mariñeiros que iban cas raeiras alá para …de Fisterra para Norte. Iban casi todos; aquí quedaban un ou dous…. e había o millor, 8 ou 10 raeireiros … patróns deses de certo …

¿E levábanse ós mismos homes que cando iban o xeito?

Depende, cada un levaba 10 raeiras, cada home, e o millor iban…. menos de 6 tripulantes xa non… e iban ata o millor 8 tripulantes… e na tilla donde se durmía cabían arrombándose ben e sendo un barco grande, o millor de 32 cuartas de quilla, podían durmir 6, os outros …. había que facer cama noutro sitio.

¿E o patrón durmía cos outros?

Si, si, alí a arrecender os pés uns dos outros.

¿A xente, axudábanse uns a outros, cando había algún accidente, algún naufraxio…?

Cando viña mal tempo había que botar as lanchas arriba e baixaba todo pueblo a axudar. Si, traían vacas e todo, o millor en vez dunha lancha, xa viñan 3 ou 4 arriba…. xuntas. Si, daquela había máis ou menos 40 lanchas, e …. nun par de horas estaban todas arriba.

¿Como se avisaba a xente?

Tocaba un o corno ou iba un rapaz buscala xente; o tocalo corno nese tempo, xa se sabía que era para eso.

¿É certo que había un que iba cantando, para botar as lanchas arriba, que decía ¡alsa! …

“Alsa” era cando levantaban a lancha para poñer as imeas debaixo, decía ¡alsa! e poñianlle o hombro e levantábana de proa, dispois de popa, e xa estaba, e dispois ¡arriba!, ¡veña!,… eso …. arriba, veña… o que berraba pois, ata que vía… a xente tiraba o que podía ¿non?, pero a lancha non quería ir… e decía… non hai sangue española…veña, arriba…. e parece que collías máis forza e ahí vai o barco arriba.

¿De naufraxios, non te acordas de ningún… cando fui da lancha de Capote, de que te acordas?

De todo, vin como… a maniobra que fixo, que si é un mariñeiro, un patrón algo que tal, iba a Ximprón, ca vela rota,…

¿Que lle pasara, rompéralle a vela…?

Foi o timón… pero si é outro, pon dous remos a popa… vótala vela a cachola, que se dí, metes a verga na fogonadura, e ves casi en popa para Ximprón. Pero eles atalaburdáronse…. ou tamén arrías as pezas, e aguantas e xa che veñen buscar, …. o rizón xa era difícil, non, levas dous rizóns e tiras os dous a vez….

O caso e que engancharan…..

Enganchar, enganchas….. sinon vas tan rápido polo mar abaixo que non da tempo, dispois cando ven o “As de Sel”…. porque aquí cando é nordeste, vas a altura de Fisterra ou un pouquiño máis para fora e é norte, ¿non sabes? … e tí vas buscando ese barco en popa, pero no encontras, co barco xa está máis a sur… e foi o barco de Sel e no encontrou,…. non entendía moito de mar tampouco, que domais xa era de facer eso; e trouxo un portugués, me parece que foi.

Bueno, hai unha copla que dí que os colleu un barco inglés e que os levou para Lisboa.

Levounos para Lisboa sí. Confesáranse e todo, uns a outros…. valíalles para ir para o Ceu e díxeno, vamos xa ….

Pasárono mal…

Daquela xa facían patrón a calquera, ¿non sabes?. Acórdome cando eu me examinei para patrón en Muros, foran muitos daquí de Lira e a un deles, que daquela había barquiños que iban a carreira a Vigo e a Coruña, xa había mixtos, ¿non sabes?, que tiñan motor e vela… pois alí había un barco fondeado que era do Tilito de Muros, e díxolle un que examinaba a aquel veciño meu: ¿como se chama a botavara que ten aquel barco alí rrriba da cubierta, a que leva a vela por baixo?. E … salimos… daquela nos tiñamos un can listo e si o levo sale patrón tamén. E daquela pois saliron eses patróns ¿non sabes? que había en Lira máis lanchas que patróns e había que facelos; e calquera era patrón pero sin…

A min cóntanme que antes daban volta muitas lanchas, ¿non é algo exagerado?

Home, si venta e lle aguantas a vela da volta.

Pero non pasaría tódolos días…

E máis tí es un home entendido, xa sabes o que venta, pois haberá que collerlle un rizo, meterlle un ris falso, ou dous, ou tres, según o vento, claro. Non pode contra a vela, pois ponlle a caída a ver, e moita, mételle un rizo, ou dous, ou os que sexan, esa é unha tontería….

¿Acórdaste dalgunha manía que se tivera cando se salía o mar?

Ahí no norte, levar un paraguas a bordo e matalos, aquí eu creo que podías levar de todo, paraguas, desnudo, como queiras, aquí non había manías, de eso non…. había algunha que tiñan os patróns de pesca, non sei si agora as teñen ou non, que falar do raposo ou do cura era perigoso. Os patróns das bacas, si falaban do raposo a bordo, barco para terra e listo.

¿Levabánse imaxes ou estampas de santos a bordo?

Depende do amigo que foras, eu nunca levei nada deso. Había que levaba allos.

¿Cómo era a comida a bordo?

A comida, depende, si asabas sardiñas, puñas o fogón, puñas…partías a leña, puñála, como sería… coma un castilliño, arriba un pouco máis miúda, facías unhas virutas cá navalla, prendíaslle lume, e….

¿Podías facer a comida ainda que o barco estivese navegando a vela?

Si, si, … si había muito vento, entón non podías porque o barco iba de lado.

¿Acordaste de algún refrán ou algunha cantiga de rivalidade con outros mariñeiros de portos próximos?

Nos aquí… non vexo… un pueblo non se levaba mal co outro….

¿Era habitual rezar a bordo ou bendicir a comida?

Non, non, si había qué comer comías e acababas.

¿Quén decidía dónde se ía pescar, era o patrón o interviñan todos?

O patrón, bueno, sempre decía vamos a tal sitio, pero o que mandaba era o patrón.

¿Como era o reparto da pesca ou das ganancias?

Mitade para o barco e a outra mitade repartíase en “quiñóns”, o patrón incluido.

¿Para o rapaz tamén?

Había que lle daba o rapaz medio quiñón, depende, eu sempre fun a un quiñón.

¿Era habitual que o armador fora membro da tripulación?

Había muitos que non, muitos.

¿Os tiñan lancha era a xente máis pudiente, que habitualmente tiña tamén terras?

Si, si.

¿As lanchas, dónde se construían?

No Freixo, a maior parte, algunhas fixéronse aquí en Lira, pero a maior parte viñan do Freixo, de varios carpinteiros…

Facíase algunha aquí en Lira, que as facía o pai de Miguel e dispois Miguel.

Ti tamén tes feito algunha…

Si, axudaba, sí, a última me parece que a fixen eu, a última e a máis grande que había….

¿E como se chamaba, acordaste?

Cristóbal, o nome púxollo miña nai, tivera un rapaciño e morrera, e chamábase Cristóbal, pous un recordatorio do finadiño.

¿Utilizabas planos?

Non, non, a ti dicianche, quero unha lancha coma aquela ou tal, ibas a lí sacábaslle os dous tercios as plantillas, das principales, e dispois facías unha tablilla fina e facías tí o barco a túa forma por arriba.

¿As velas, quen as facía?

A maior parte fixenas eu, facíanse dun pano que se chamaba cotón, dispois máis tarde ven o brin, era unha tela que se conseguía na tenda, máis grosa ou maís fina.

¿Qué medida tiña que ter a vela?

A parte de abaixo era tan larga coma a quilla, logo facíase a tira de barlovento, serían coma 40 ou 45 cuartas, dispois dábaslle a verga 18 ou, depende como fora a lancha, 18 ou 19 cuartas. Arriba puñaslle a escuadro e logo daqui tirábaslle 5 cuartas máis para arriba, para que fixese un pouquiño de pico, e dispois atrás o que lle facía falta.

¿De que madeira se facían as lanchas?

Antes da nada tiñas que ir polo monte buscando carballo para a quilla e máis as cuadernas, para as cuadernas xa collías carballos tortos, ¿non sabes?; e dispois, nada de maquinaria, tiñas un serrón de punta, ou serrón e a serrar aquela peza, se era gorda, a inxola de poda e desvastar.

Dispois era todo madeira de pino, e os remos tamén.

¿En que se pasaba o tempo de espera no mar?

Íbase debaixo da tilla e quedaba un de guardia, e os outros a dormir, que daquela hasta nos se dormía muito; tiñas que traballar, ibas o millor o mar hasta media noite e dispois polo día a sachar ou ir a terra (estrume) o monte.

¿Era habitual aquí en Lira traballar no mar e ademaís facer outro traballo?

Traballar en terra, o millor ibas o mente a pasar terra, que daquela hasta non había terra nos chans, a pasar en cestos e vías ir as lanchas para ó mar e tira…. cada un traballou no que pudo… claro.

¿Cando tí empezaches a ir o mar canta xente podía ter Lira?

Non sei, pero tiña que ter porque había moitos que tiñan 8 ou 10 fillos. Casas non , non había nin mitá delas, nin carretera, eu acordo facer a carretera esa.

O porto só era unha enseada natural…

Non máis…. era un curroucho ahí, xa ves, nos levabamos o barco a Porto de Barca, que era máis san que esto. As casetas si, a maior parte xa estaban feitas.

A rampa fixóse maís tarde.

Os barcos varábanse e había mortos coma ahora.

¿Cal era o papel das mulleres naquel tempo?

Traballar as terras. As sardiñas vendíamolas nos por mar. O millor collías moitas sardiñas e non tiñas a quen vender, iban ahí a Mar de Lira e tocaban o corno….

As atadoras sí traballaban….

Cando se ían as raeiras, ¿desembarcábase nas aldeas para cambiar cousas?

Si, houbo que chegou a Prioriño… alí o lado de Ferrol. Si, íbase as aldeas a cambiar raias ou centolos por patacas, patacas e boroa.

Tenme pasado, estando ós centolos, estar máis tempo do que esperábamos ir 2 ou 3 a pedir boroa, cambiar hasta non creo, sería para comprar…. chegamos alí a unha casa, dispois de pasar por antros toxos, chegamos alí a porta da casa, petamos, chamáronnos para dentro e ibas pisando toxos ata a lareira.

¿Como eran as festas?

Antes era máis fuerte a festa de Lira, a da patrona, que os Remedios. A familia que era algo forte compraban entre tres ou catro un pucho e matábannno na ribeira e partiano. Nós sempre quedaban con medio e outro quedaban con cadanseu cuarto. Un día antes da festa facían rosco hasta non máis, montón, eu falo da nosa casa, había rosco para toda a semana. Ían buscar o pan a Muros e facíase festa, igual que o día de Pascua.

¿Cantos irmáns eras?

Seis.

¿Era habitual 5 ou 6 fillos?

Ou 8, 9 ou 10.

O día de Pascua non se pasaba sin os ovos, tortilla de ovos, e acórdome que un ano, un irmán meu que morreu e máis eu, comemos candensua tortilla de 22 ovos.

¿Acordaste de pasar fame?

Eu non, pero tuvo que haber fame muita en Lira. Había unha veciña miña que quería que os fillos estuveran durmindo noite e día para non comer. Si home, houbo fame pero de certo.

¿Cando crees que empezou o declive das lanchas e porqué?

As lanchas eran máis lentas e había que bogar, cando viñeron os motores…as xeiterias motorizáronse poucas e tiveron pouca vida porque xa eran vellas.

¿A quen se lle vendía o peixe?

O primeiro os salazóns, tiñas que levalo ata Muros; acórdome que vendemos nunha ocasión en Laxeiras, 22 milleiros a 4 pesetas, porque meu pai era amigo do encargado.

Fomos comer a fonda dun tío meu, porque xa non tiñas ganas de facer de comer, comemos asado que daquela o asado gustaba máis que ahora, ca fame que tiñas, e sobrou un peso… de toda a noite de bogar, sobrou un peso.

Dispois viñeron os barcos que compraban de fresco de ahí de Aguiño, de por ahí eran. Dispois xa vendias no mar, ós galeons de Vilanova; viñan o millor 10 ou 15 galeóns, quedaban aquí 2, outro iban para Fisterra, outros quedaban en Muros, daquela descargabas a eles, contabas os milleiros e xa pagaban, cobrabas e tira.

¿Cas lagostras pasaba o mesmo?

Non a lagostras había que levalas a Coruña. Levábas un camión que salía de Fisterra.

¿Cando desaparecue a lagostra?

Cando ven os miños. E desde esa empezou, porque alí colle todo, os miños acabaron co mar. Un do Grove largou en Meixide e colleu vintetantas lagostras que non sei se lle pesaron 2 ou 3 kilos…..

¿Había antes maís peixe que ahora?

Escasez houbo sempre. Houbo 5 ou 6 anos que non houbo unha sardiña por aquí. Foi no 45 ou 50, disque había unha liña con auga fría alá fora, pois desa non houbo sardiñas por aquí. Antes había maís peixe e menos que o collera.

¿O tempo era igual?

Eu acordo invernos de 4 ou 5 meses de chuvia, coma ahora. Había mal tempo e bó coma ahora. Tamén se dí, coa sobervia, que o peixe no sabe coma antes, eu todo a o que como sábeme coma antes.

¿Como se remaba nas lanchas?

Si eran cinco homes, iban o de proa, o do medio de babor, e dispois no banco de leva, que iba sentado riba donde iban as pezas, na cadeira 3 remos e por aquí iba un, non, iba o de proa e un home, claro, polo general os máis fortes, e neste lado iba un no medio e outro riba da cadeira e mailo patrón, que iba de couce, o lado do jalleiro do palo.

¿Había algunha costume especial a hora de pintar os nomes?

Non, pintábanse polos dous costados. Os corchos das túas pezas púñaslle unha marca que distinguías tí.

FIN

Agradecemos a Moncho que se prestara amablemente a contestar as nosas preguntas.

Reunión A.C.Canle

O vindeiro Venres día 30 de Decembro, terá lugar as 18:00 a última reunión do ano da A.C.Canle.  Tódolos interesados en asistir pódense pasar pola Escola de Portocubelo, empezaranse a planificar as actividades do vindeiro ano, que recordamos, é o do 20 aniversario da Asociación. Animádevos a colaborar con nós!

Un saúdo e felices festas.

O Faiado -POR TIERRAS DE CARNOTA-

Inauguramos unha nova sección dentro da web, imoslle chamar O’Faiado e nela iremos publicando todo tipo de documentos antigos.

Empezamos cun interesante artigo de 1972 acerca da Capela dos Remedios.

.

.

POR TIERRAS DE CARNOTA

31 AGOSTO 1972

 

LIRA O EL MILAGRO DE UN SANTUARIO

 

   ESTUDIANDO el pasado y el presente del humilde santuario de la Virgen de los Remedios de Lira, notaremos que sin providencialismos fue el medio más eficiente para alcanzar algunas mejoras que no sólo beneficiaron a la feligresía de Santa Maria de Lira en cuyo territorio está emplazada la pequeña ermita, sino que tales mejoras alcanzaron también a las otras dos parroquias del dilatado Valle de Carnota, uno de los más hermosos y poblados de nuestra tierra gallega.

No son muy viejos los orígenes de este santuario que nació por un motivo religioso y social ala vez, en una época que tan poco se interesaban por las condiciones del vivir de los humildes.

En el mes de Mayo de 1706 el cura rector de Santa Maria de Lira D. Juan Díaz de Valdivieso, tuvo la inspiración o la ocurrencia de construir una capilla dedicada a la Virgen, para que los pastores de ganado pudiesen oír misa los domingos y días festivos sin distanciarse demasiado de sus rebaños o piaras que pastaban en los montes de Miñarzos. Parece que el empeño que el rector Díaz de Valdivieso puso para llevar su obra a cabo, seria grande, ya que en aquel mismo año se consagro el pequeño santuario, y se le puso sacerdote propio que al mismo tiempo atendería a los quince feligreses de Lariño, anexo de Lira desde tiempo inmemorial.

El párroco fundador recabó la aportación de varios de sus treinta feligreses que contribuyeron con dinero y mano de obra, y la ermita para los pastores fue pronto una realidad.

El solar elegido para emplazar aquel pequeño templo, (que es el mismo de hoy, sin ampliaciones ni reformas) era un rellano al borde del camino del viejo castro céltico, a la vez que el camino único para los pastores de Miñarzos, por donde tenían que pasar pastores y rebaños.

Al poco tiempo de levantada la ermita, y para su mas digna subsistencia, el mismo fundador estableció cinco misas al año con la asignación de una renta que el mismo señalo sobre sus bienes particulares. Dichas misas serian tres rezadas y las otras dos cantadas. (Arch. Párr. De Lira-Documentos sueltos). Y a partir de su fundación, la ermita de los pastores, hoy de la Virgende los Remedios de Lira, fue cobrando devoción y fama hasta hacerse tan popular y celebre en la actualidad.

A los 72 años de la fundación de este modesto santuario otro párroco de Lira, D. Benito de Lis y Sabedra en su testamento otorgado en 1778 y abierto un año después al día de su fallecimiento (20 de Enero de 1779), deja a la ermita de los Remedios varias misas, así como una respetable renta para la fundación de una escuela gratuita para los niños pobres de la parroquia, y aún de los de las otras del distrito con maestro fijo que cobraría al año la suma de cien ducados, o será tres reales de vellón en cada un día, con cargo a la renta que había dejado al santuario de Nuestra Señora de los Remedios. Aquella fue la primera escuela gratuita que funciono en el Valle de Carnota.

Parece que el cura filántropo D. Benito de Lis y Sabedra, fue el que nombro administrador de las rentas de la ermita a D. Francisco de Porrúa, vecino de Corcubión, cuya administración se convirtió en hereditaria en la casa de los Porrúa, hasta que el párroco de Lira fue nombrado administrador perpetuo.

Aunque tanto la feligresía de Santa Maria de Lira como su anexo San Martín de Lariño pertenecían al monasterio de San Martín Pinario de Santiago, la capilla quedo exenta de todo tributo a dicho monasterio por tratarse de una fundación particular.

Parece que por aquellos tiempos las parroquias de Valle de Carnota eran exclusivamente agrícolas y ganaderas, pero pronto se presentaría la necesidad de la emigración y de la navegación. Siendo los de Lira los primeros del Valle de Carnota en asociarse con el mar. Por eso, colgados del techo de la ermita, quedan aun algunos barcos veleros que hace muchos años fueron confeccionados por devotos de la Virgen de los Remedios en largas travesías que tenían que hacer en busca del pan que su tierra no podía darles,… Y cuando los lirenses se tuvieron que lanzar a las oceánicas aventuras, dejaban en su tierra nombrada su Protectora a la Virgen de los Remedios. Así, el santuario que se había fabricado para devoción de los pastores, quedó para siempre ligado con el mar. Y con tanta eficacia, que la que antes se llamaba “Punta Forcado” o “Punta Miñarzos” hoy se denomina con carácter internacional el las Cartografías Náuticas “Punta Remedios”.

Lira se debe al mar por medio de su modesto santuario de Miñarzos que hace más de 250 años nació en pleno descampado y junto a la estructura de un viejo castro céltico ya entonces cubierto de montaraz vegetación. Las treta casa que formaban la Parroquia de Lira quedaban hacia el lugar del Carballal, y por lo tanto muy distantes de la solitaria ermita que ahora esta rodeada de hermosas casas levantadas con los recursos venidos de allende del mar.

Los hijos de Lira cuando regresaban a su tierra, ya no era el campo su ocupación, porque tampoco había campo para todos mirando al mar que antes había sido su camino hacia otras tierras pensaron que también sería su sustento. Y Lira se hizo marinera, aprovechando la pequeña ensenada de Porto-Cubelo pronto surgieron algunas fabricas de salazón y conserva, y últimamente las cetáreas. Otra especialidad marinera de Lira es la del trabajo en los fondos del mar, siendo desde muy antiguo el oficio de buzo bien apreciado hasta llegar a formar dinastías.

Y así los hijos de Lira, llenos de fe en su humilde ermita y en la Virgen que dentro se venera, e iniciados en unos principios culturales con arranque en el mismo santuario, afrontando el mundo surcando todos los océanos y pisando todos los continentes en busca de los medios de vida que en su tierra no pudieron hallar. Gracias a ello, hoy Lira es una parroquia grande, hermosa y pintoresca, encaminada ya hacia un futuro optimista, alcanzado todo ello por las cualidades de sus hijos siempre tan trabajadores y hospitalarios, virtudes de las que hicieron autentico derroche con motivo de naufragio de la fragata española “ Ariete “ en los acantilados de “ Simplón ” bien cerca del humilde santuario de la Virgen de los Remedios, en el que se conserva la rueda del timón de la nave siniestrada por disposición de las autoridades marina, como trofeo de fe nacional a la Virgen de la humilde capilla. Y para el pueblo de Lira, se esta construyendo el tan ansiado muelle de atrque y abrigo en Porto-Cubelo. Porque las virtudes siempre tienen recompensa.

El Pindo , verano de 1972

JOSE BARREIRO