Horarios da próxima fin de semana

Seguimos intentando evitar a coincidencia co fútbol, por iso teremos as clases de xadrez o sábado pola tarde.

Os horarios completos son os seguintes:

Venres 31:

20:00 – 22:00 Tenis de mesa

Sábado 1:

16:00 – 17:30 Clase de xadrez

17:30 – 19:00 Liga de xadrez

19:00 – 20:30 Tenis de mesa

Recordámoslles que para a liga de xadrez pódense apuntar en calquera momento e non é necesario ter asistido ás xornadas anteriores. Para as clases imos pechar os grupos esta semana por motivos de organización. O tenis de mesa é aínda amistoso, a liga dará comezo a próxima semana.

Resultados da segunda xornada da liga de xadrez

  • Dosil, Tomás 0-1 Formoso, Christian
  • Maceiras, Francisco 1-0 Senande, Abelardo
  • Senande, Abelardo 1-0 Formoso, Xaquín

A clasificación queda deste xeito:

  1. Christian Formoso 1224
  2. Francisco Maceiras 1212
  3. Eloi Sendón 1212
  4. Abelardo Senande 1200
  5. Tomás Dosil 1200
  6. Ramón Noceda 1188
  7. Javier Martínez 1188
  8. Antonio Bazarra 1188

Saúde e sorte polos camiños

Horarios definitivos

Por mor da coincidencia cos partidos de fútbol das categorías inferiores do C.F. Lira cambiamos os horarios do sábado, de xeito que as clases de xadrez serán finalmente pola mañá de 12:00h a 13:30h deixando para a tarde a liga de xadrez de 16:00h a 17:30h e despois o tenis de mesa, en resumo:

Venres 24:

20:00 – 22:00 Tenis de mesa

Sábado 25:

12:00 – 13:30 Clase de xadrez para nenos

16:00 – 17:30 Liga de xadrez

17:30 en diante Tenis de mesa

Todo isto na Domus en Portocubelo

Lembrámoslles que non é necesario ter asistido á primeira xornada do xadrez para poder participar nesta. Igualmente para as clases aínda admitimos novas altas esta fin de semana. O tenis de mesa comeza este venres e non teremos unha liga ata dentro dun par de semanas. Para apuntarse a calquera dos eventos manden un email a accanle@gmail.com ou falen con algún dos membros da directiva.

Segunda fin de semana

Imos comezar co tenis de mesa o venres a partir das 20:00h, aínda sen un formato competitivo poderán practicar libremente, as mulleres primeiro, despois os homes.

Xa o sábado seguimos co xadrez, ás 16:00h as clases e despois ás 17:30h a segunda xornada de liga. Ó rematar o xadrez ás 19:00h teremos outra vez tenis de mesa.

Saúde e sorte polos camiños.

As clases de xadrez serán o sábado de 12:00h da mañá a 13:30h. O sábado pola tarde teremos a liga de xadrez de 16:00h a 17:30h e despois o tenis de mesa.

Apúntense!

Se queren apuntar a algún neno as clases de Xadrez poden comunicarllo a calquera membro da directiva ou mandar un email co nome e a idade a accanle@gmail.com.

Pregámoslles que asistan o primeiro día para informarnos de calquera particularidade dos pequenos e de establecer formas de comunicación ante calquera eventualidade.

As clases son de nivel moi básico, para aqueles que non xogaran nunca e están dirixidas en principio a nenos de 5 a 10 anos.

Para a liga de Xadrez poden apuntarse do mesmo modo ou a través dun evento que crearemos no facebook.

Recordámoslles que ambos eventos terán lugar no edificio Domus de Portocubelo e os horarios serán de 16:00 a 17:30 para as clases e de 17:45 a 19:15 para as partidas.

Saúde e sorte polos camiños.

 

Así será a liga de Xadrez… e posiblemente outras.

Os xogadores de xadrez de certo nivel acostuman a ter un “rating” coñecido como ELO polo nome do seu inventor, Arpad Elo, un científico húngaro que ideou o sistema.

Baséase nos resultados dos enfrontamentos e no ELO dos xogadores contra os que un participa, desta forma un participante incrementará máis o seu “rating” se vence a un xogador de maior nivel. O oposto é tamén certo para as derrotas, perderemos máis puntos canto peor nivel teña o opoñente que nos gaña.

Na nosa liga, despois de coñecer a cada un dos asistentes a cada xornada decidiremos as partidas tendo en conta criterios como o número de veces que se encontraron dous xogadores, que teñan un nivel parecido ou que leven moito tempo sen xogar entre eles. Despois calcularemos o novo ELO de cada un e estableceremos a nova clasificación.

Como renunciamos a ter unha clasificación por sistema de puntos, non será necesario presentarse a todas as xornadas de liga, pois o gañador final será o de mellor “rating”.

Deste xeito permitimos que poidan concorrer tódolos interesados, incluíndo desplazados, emigrantes e visitantes, pois non necesitan unha presencia permanente no lugar para poder participar.

Clube lúdico-deportivo

O próximo sábado 18 de xaneiro imos comezar a impartir clases de Xadrez ós nenos. Esta actividade é parte dun proxecto máis amplo que incluirá outros xogos e deportes, sexan estes clásicos ou modernos, propios ou importados, no que chamaremos un clube lúdico-deportivo.

Son coñecidos os beneficios físicos e mentais destas prácticas, que consideramos un dos obxectivos centrais destas novas actuacións que vai facer a nosa asociación así como a preservación e popularización da nosa cultura mediante a inclusión de xogos e deportes tradicionais.

Tamén o mesmo día comezaremos a nosa primeira liga de Xadrez para todas as idades. O formato permitirá a asistencia flexible dos xogadores, pois entendemos que un dos problemas para a realización deste tipo de eventos son as dificultades de participación por motivos de estudos ou traballo noutras poblacións, problemas de axenda e outros.

Os horarios serán de 16:00 a 17:30 para as clases e de 17:45 a 19:15 para as partidas. Terán lugar no edificio Domus en Portocubelo.

Nos próximos días informaremos das formas de inscripción e participación así como do formato da competición.

Saúde e sorte polos camiños.