Resultados provisionais das ligas de Xadrez e Tenis de mesa

Xadrez:

Xornada 1:

  • Fran Maceiras 1 – 0 Tomás Dosil
  • Miguel Anxo Lago 0 – 1 Xabi Beiro
  • María Senande 1 – 0 Antía Formoso

Clasificación:

  1. Fran Maceiras
  2. Tomás Dosil
  3. Miguel Anxo Lago
  4. Xabi Beiro
  5. María Senande
  6. Antía Formoso

Tenis de mesa mulleres:

Xornada 1:

  • María Senande 11-3/10-12/11-5 Reyes Freire

Xornada 2:

  • Alba Tajes 11-5/11-7 Lina Rodríguez
  • María Senande 11-3/11-6 Mónica Beiro

Clasificación:

  1. Alba Tajes
  2. Lina Rodríguez
  3. María Senande
  4. Mónica Beiro

Tenis de mesa homes:

Xornada 1:

  • Fran Maceiras 11-2/10-12/11-5 Antonio Bazarra
  • Xabi Beiro 11-9/11-13/13-11 Tomás Dosil

Xornada 2:

  • Tomás Dosil 11-13/3-11 Manuel Maceiras
  • Xabi Beiro 8-11/11-1/11-3 Fran Maceiras
  • Santi Cubelo 11-4/11-4 Miguel Anxo Lago
  • Raúl Veloso 11-4/8-11/11-9 Xabi Beiro

Clasificación:

  1. Raúl Veloso
  2. Fran Maceiras
  3. Santi Cubelo
  4. Xabi Beiro
  5. Antonio Bazarra
  6. Miguel Anxo Lago
  7. Manuel Maceiras
  8. Tomás Dosil

Saúde e sorte polos camiños
 

Horario clube lúdico-deportivo da semana 22/9/2014 a 28/9/2014 [editado]

Sábado 27:

  • 16:00 – 17:00 Xadrez 1: Grupo para nenos de menos de oito anos, novatos e inquietos.
  • 17:00 – 18:30 Xadrez 2: Grupo para adultos e resto de nenos, especialmente os que xa viñeron o ano pasado ó torneo final.
  • 18:30 – 20:00 Liga de Tenis de mesa

Se non saben a que grupo ten que ir algún dos seus nenos, poden preguntarnos no noso facebook ou a dirección de correo accanle@gmail.com

Saúde e sorte polos camiños.

Comezo do clube lúdico-deportivo

Este Sábado retomamos as actividades de Tenis de Mesa e Xadrez. Temos varias novedades en forma de novos días e grupos. Imos comezar cunha clase especial de Xadrez para todos aqueles que saiban mover as pezas. Poderán asistir tódolos adultos e algúns nenos do ano pasado. Esta clase pretende non aprender moito Xadrez, senon conseguir que sexa máis divertido, pois unha das queixas habituais dos que queren iniciarse neste deporte é que non saben facer en cada momento cando xogan. Esta clase está dirisida a solucionar este problema.

Tamén faremos os grupos nese momento para nenos que queiran comezar ou continuar, aínda que tamén os poden inscribir mandándonos un mensaxe ó noso facebook, ó noso correo ou comentándollo a algún dos directivos da asociación.

En Tenis de mesa aparte da liga que volveremos a ter, empezaremos un grupo tamén para nenos que así terán un horario designado para que eles poidan practicar.

O horario será moito máis amplo e esperamos poder atendelos uns tres días á semana. Nembargantes esta semana so estaremos presentes o Sábado e ca clase introductoria:

Sábado 20:

  • 16:00 – 16:30 Inscripcións a Xadrez.
  • 16:30 – 18:00 Clase introductoria para adultos e rapaces do grupo 2.

Saúde e sorte polos camiños.

Finais de Xadrez e Tenis de mesa

Esta fin de semana acabamos ca nosa programación deportiva ata a xa recoñecida carreira a pé cas finais de Xadrez e Tenis de Mesa nos seguintes horarios:

Venres 6 de Xuño:

  • 19:00 – 20:30 Tenis de mesa feminino

Sábado 7 de Xuño:

  • 16:00 – 19:00 Xadrez
  • 19:00 – 20:30 Tenis de mesa masculino

En Xadrez xogaranse semifinais e final, polo tanto entran os primeiros catro clasificados na liga que xogarán partidas a 45 minutos de reloxo.

En Tenis de mesa os oito primeiros en liga de cada categoría, se non asistisen pasarían os seguintes de entre os asistentes.

Saúde e sorte polos camiños.

Torneo de Xadrez dos nenos

Buscando unha mellor perspectiva
Buscando unha mellor perspectiva
Empatando
Empatando
Desempatando
Desempatando
Unha das promesas do Rial
Unha das promesas do Rial
A cabalo regalado non lle mires o dente
A cabalo regalado non lle mires o dente
Xogando a defensa Portocubelo
Xogando a defensa Portocubelo
Público expectante pola posible torpeza do secretario
Público expectante pola posible torpeza do secretario
O terceiro clasificado
O terceiro clasificado

IMG_20140531_180206

A subcampeona
A subcampeona
O gañador
O gañador
We are the champions!!
We are the champions!!

Torneo de Xadrez

O próximo sábado 31 de 16:00 a 18:00 terá lugar un torneo de Xadrez para clausuralas clases deste ano. Están invitados a competir tódolos rapaces que acudiran e poden asistir de espectadores familiares e amigos.

Recordámoslles tamén que estes eventos do verán serán as únicas oportunidades que terán de recoller os seus carnés de socio ou de darse de alta aqueles interesados, pois non teremos o horario habitual de apertura que tivemos durante o inverno.

Saúde e sorte polos camiños.

O verán en A.C. Canle

Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.

Sábado 31 de Maio:

  • Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.

Venres 6 de Xuño:

  • Finais da liga femenina de Tenis de mesa

Sábado 7 de Xuño:

  • Finais da liga de Xadrez
  • Finais da liga masculina de Tenis de mesa

Sábado 5 de Xullo:

Sábado 9 de Agosto:

Saúde e sorte polos camiños