CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE

De conformidade co previsto no artigo 51 dos Estatutos da Asociación Cultural Canle de Lira convócase ás persoas asociadas a unha asemblea xeral extraordinaria.
Día: 27 de Xaneiro de 2019
Hora: 12:00 h en primeira convocatoria 12:30 h en segunda convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
Orde do día: Modificación dos estatutos da asociación no seu artigo 5º, engadindo o seguinte  obxectivo: “f) Defensa e promoción do patrimonio marítimo galego”
 
En Lira a 16 de xaneiro de 2019
 
 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE

De conformidade co previsto no artigo 19 dos Estatutos da Asociación Cultural Canle de Lira convócase a todas as persoas asociadas a unha asemblea xeral extraordinaria.
Día: sábado 8 de Decembro de 2018
Hora: 12:00 h, en primeira convocatoria; 12:30 h, en segunda convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
ORDE DO DÍA

  1.  Lectura e aprobación do exercicio 2018.
  2.  Elección da Xunta Directiva para as dúas seguintes anualidades.
  3.  Rolda de intervencións.

En Lira, a 25 de Novembro de 2018

Festórreo 2018

O pasado sábado 28 de xullo selebramos o Festórreo por todo o alto, cun Canle Nius nutrido polas reformas en Portocubelo e pola competisión Operasión Trunfos entre o jrupo Titánicas e os Mariachis.
As reporteiras Lusía e Noa deron conta das novidades en Portocubelo Beach:
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=6u6SDWxcuw8]
Sejún informaron Mijel Clariso e Xaquín da Burrica, unha ajria disputa xojando ó tute no Pedra Pas deu lujar á emosionante competisión, da que vos deixamos testemuño en vídeos (preparasión das actuasións coas profesoras Adhara e Patri e os psicólojos Fran e Eloi).
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=wVinUUKQUFM]
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=9g2GBeTf5Wk]
O combate solventouse en directo no propio Festórreo, e ante o empate trala votasión do xurado (Belén da Creja e Risto Anónimo da Montaña) e do público, houbo que recorrer ó VAR de Chema… pero como parese que quixo untar a Mijel e Xaquín cunhas nécoras para benefisiar ós Mariachis, o fallo decantouse polas Titánicas, que cantaron unha sejunda e triunfal volta do seu tema.
Aí vos vai un resumo da noite, que remataron os Radio Cos, Banda Xangai e 7 Setenta!
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=MV5Tl2Vlj8Q]

XXV CARREIRA A PÉ

CARTEL CARREIRA 2018 LIRA

  • DATA: sábado, 11 de agosto
  • LUGAR: Portocubelo (Lira)
  • PROMOVE: A. C. Canle
  • PATROCINA:  Stolt Sea Farm. S.A.
  • COLABORA: Concello de Carnota
  • Categoría, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións: 

    Categoría

    Ano de nacemento Distancias Hora de saída

    Gastos de Inscrición

    Prebenxamíns

    2011 e posteriores 300m aprox 18:30h non

    Benxamíns

    2009-2010 500m aprox 18:50h

    non

    Alevíns

    2007-2008 1500m aprox 19:15h

    non

    Infantís

    2005-2006 1500m aprox 19:15h

    non

    Cadetes

    2003-2004 3118m aprox 19:30h non

    Xuvenís

    2000-2001-2002 10.200m aprox 20:00h 5 €
    Senior 1980-1999 10.200m aprox 20:00h

    5 €

    Veteráns

    1979 e anteriores

    10.200m aprox 20:00h

    5 €

    NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación  se presenta algún imprevisto de última hora.

Continue reading “XXV CARREIRA A PÉ”

IV Certame de Fotografía

IV CERTAME DE FOTOGRAFÍA
 

  • Bases que rexerán:

  • Tema: “Lira; dende terra, mar e aire”

  • A participación é totalmente libre cun máximo de dúas imaxes por persoa.

  • O tema ten un enfoque de libre interpretación (valorarase a orixinalidade) sempre e cando sexan imaxes que se axusten a este motivo, isto é: que todas a imaxes deberán ser sacadas dentro dos lindes de Lira, as imaxes pódense entregar de dúas maneiras: impresa en papel fotografía de 20X30(D4), ou enviar a imaxe por correo electrónico que aparece no seguinte punto con unha calidade minima obrigatoria de 240ppp (pixels por pulgada), recomendamos 300ppp.

  • As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico “fotografiacanle@gmail.com” cada fotografía que participe ten que ir acompañado cos seguintes datos; en “asunto” o título da imaxe e xa dentro do correo; Nome, apelidos, idade do autor e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe.

  • As imaxes presentadas deberán ser inéditas, sen axuste algún. Poderán ser antigas pero non difundidas anteriormente (redes sociáis, etc…).

  • O xurado poderá deixar descubertos o 1º é 2º premio si valoran que as imaxes recibidas non son merecedoras de premio, tamén queda na elección da Asociación unha vez o xurado elixa, que fotos das recibidas por correo eletrónico se van imprimir.

  • O 1º premio será un dron con cámara HD, o 2º premio esta dotado de unha cámara polaroid e o 3º premio (elexido polos asistentes o día da presentación da exposición) será unha cámara deportiva.

  • O prazo para o envío das fotografías rematará a medianoite do día 1 de xuño, no mes de xuño farase entrega dos premios e exposición das imaxes no local da asociación.

  • Todas as obras que nos chegen quedarán no poder da Asociación, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.

  • Se existise algunha dúbida sobre a mecánica do consurso non dubiden en usar os medios dixitais dos que dispoñemos.

  • A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.

  • Coa publicación destas bases queda aberto o plazo de admisión para o concurso.