Sobre nós

ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE

A Asociación Cultural CANLE de Lira naceu alá polo ano 1992 no cine de Lira, nunha reunión de veciños da parroquia con inquietudes sociais e culturais, co fin de dinamizar a parroquia de Lira e os seus arredores. Dende aquela, en maior ou menor medida pero sempre ao límite das nosas posibilidades, traballamos para revitalizar a nosa parroquia, tanto social como culturalmente.

Como os nosos recursos son escasos non podemos facer todo canto se nos pasa pola cabeza -supoñemos que coma a todos- pero o que si temos moi claro é que só se poden organizar cousas se somos quen de contaxiar a nosa ilusión a toda a xente que está ao noso arredor.

Unha das nosas prioridades é implicar a todos os estamentos -político, social, deportivo e empresarial- para así desenvolver todo tipo de actividades que sirvan para conservar, poñer en valor e promocionar a grande herdanza cultural que nos deixaron os nosos pais.

Cartos, non moitos, pero o que é cabaceiras, un feixe delas.

A NOSA LANCHA XEITEIRA

Nas xornadas de Andar ao Mar tomamos contacto con xente moi concienciada coa conservación do patrimonio marítimo e pensamos que sería moi interesante tentar construír unha lancha do xeito, a embarcación máis emblemática da nosa zona usada durante moitos anos na pesca da sardiña. Así que puxemos mans á obra e un ano despois (2003) botamos ao mar, en Cabo da Cruz (Boiro), esta marabilla de barco que tedes aquí á beira.

Dentro desta nova dinámica mariñeira na que entrou a asociación afiliámonos á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, sendo xa un total de trinta e catro asociacións as que defendemos o noso patrimonio para que non se perda, tanto a nivel de embarcacións como procurando convencer ás institucións para que tomen conciencia da grande riqueza cultural que temos arredor deste noso mar que tanta fame matou.

Dentro das nosas actividades  destacamos a Carreira a pé:

  • Carreira a pé, nas súas diferentes categorías, faise todos os anos no mes de agosto, e con ela procuramos unir o puramente deportivo co festivo, xa que ao seu remate, no Mar de Lira, celebramos unha sardiñada acompañada de pementos de Padrón (dos de verdade, que para iso llos imos mercar a unha velliña de alá que nolos vende por xunto). Nese serán, a base de sardiñas, boroa e moito viño, facemos unha festa que para si quixeran moitos.

LogoCanle

accanle@gmail.com

Advertisements

XVIII Carreira a pé.

O vindeiro 13 de agosto celebrárase a XVIII Edición da Carreira a pé organizada pola Asociación Cultural Canle.

Tódalas saídas terán lugar en Mar de Lira a partires das 18:00, os interesados en inscribirse podrán facelo ata a hora de salida no mesmo mesmo lugar.

O finalizar as carreiras terá lugar a entrega de trofeos e medallas xunto con unha gran sardiñada.

Canle.org renóvase

Vimos de facer unha renovación completa da web, pretendemos, utilizando un blog como soporte, que a nova páxina sexa máis sinxela e dinámica. Como poden ver, de momento está sen contidos, iremos subindo material pouco a pouco xa que a intención é a de estar actualizando cada semana.

Aproveitamos para informar da campaña de captación de socios da asociación, debido a falta de axuda de institucións públicas este ano, máis que nunca, necesitamos a colaboración dos veciños para poder levar a cabo as actividades habituais, así que non o dubides, faite socio!.

Asociación Cultural Canle – Lira