VII Campionato de Xadrez Canle.

O vindeiro día 3 de Septembro terá lugar en Mar de Lira o VII Campionato de Xadrez organizado pola A.C.Canle.

Este ano haberá categoría única e xogarase seguindo o sistema Suizo, as normas serán as da FIDE.

Todos aqueles interesados en participar podrán inscribirse mandando un correo a dirección accanle@gmail.com, neste porase TORNEO XADREZ seguido do nome do participante. A data límite de inscripción será o 1 de Septembro.

En principio o torneo terá lugar ó aire libre, e se o tempo non acompaña, trasladarémonos ó local da Confraría de pescadores de Lira.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo, camisola e libros.
2º Clasificado: Trofeo e libros.
3º Clasificado: Trofeo.

Para máis información solicitala en accanle@gmail.com.

 

Colabora co torneo aportando material:  McGestal

 www.mcgestal.com

Advertisements

Agradecementos

A Asociación Cultural Canle querlle dar as grazas a todos os asistentes e participantes á XVII Carreira a Pé, pola nosa parte foi un pracer poder contar ca vosa asistencia, esperamos poder contar con vós para o ano próximo.

Por outra parte non dubidedes en comentarnos puntos a mellorar, cada ano intentamos que a organización sexa mellor.

Clasificación XVII Carreira a pé.

Prebenxamín – Femenino

1º Iria Rey Sánchez

2º María Rey Miguens

Prebenxamín – Masculino

1º Rodrigo Sanjurjo Rivas

2º Xián Gil Peña

Benxamín – Femenino

1º Mariña Monteagudo Lago

2º Carla Saborido Díaz

Benxamín – Masculino

1º Santiago Álvarez Álvarez

2º Adrián Álvarez Corraliza

Alevíns – Femenino

1º María Costa Pena

2º Andrea Saborido Díaz

Alevíns – Masculino

1º Leonardo Guzzone Mariño

2º Pedro Osorio López

Infantís – Femenino

1º Lucía Álvarez Crespo

2º Cristina Álvarez Álvarez

Infantís – Masculino

1º Brais Insua Regueira

2º Pablo Monteagudo Lago

Cadetes – Femenino

1º María Caamaño Sendón

2º Mar Carracedo Robelo

Cadetes – Masculino

1º Rafael Piñeiro Lestón

2º Pablo Álvarez Álvarez

Xuvenís – Femenino

1º Sara Herranz Soriano

Xuvenís – Masculino

1º Saúl Senande Fernández

2º Yago González Lago

Senior – Femenino

1º Marinela Mayo Caamaño

2º Elena Míguez Otero

Senior – Masculino

1º Jorge Crespo Arias

2º Ángel Maceiras Lago

Veteranos – Femenino

1º Teresa Castro Villaverde

2º Julia Castro Villaverde

Veteranos – Masculino

1º Ramón Ignacio Folgar Pouso

2º Roberto Salvado Tejedor

Total participantes: 202

Patrocina:

Sobre nós

ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE

A Asociación Cultural CANLE de Lira naceu alá polo ano 1992 no cine de Lira, nunha reunión de veciños da parroquia con inquietudes sociais e culturais, co fin de dinamizar a parroquia de Lira e os seus arredores. Dende aquela, en maior ou menor medida pero sempre ao límite das nosas posibilidades, traballamos para revitalizar a nosa parroquia, tanto social como culturalmente.

Como os nosos recursos son escasos non podemos facer todo canto se nos pasa pola cabeza -supoñemos que coma a todos- pero o que si temos moi claro é que só se poden organizar cousas se somos quen de contaxiar a nosa ilusión a toda a xente que está ao noso arredor.

Unha das nosas prioridades é implicar a todos os estamentos -político, social, deportivo e empresarial- para así desenvolver todo tipo de actividades que sirvan para conservar, poñer en valor e promocionar a grande herdanza cultural que nos deixaron os nosos pais.

Cartos, non moitos, pero o que é cabaceiras, un feixe delas.

A NOSA LANCHA XEITEIRA

Nas xornadas de Andar ao Mar tomamos contacto con xente moi concienciada coa conservación do patrimonio marítimo e pensamos que sería moi interesante tentar construír unha lancha do xeito, a embarcación máis emblemática da nosa zona usada durante moitos anos na pesca da sardiña. Así que puxemos mans á obra e un ano despois (2003) botamos ao mar, en Cabo da Cruz (Boiro), esta marabilla de barco que tedes aquí á beira.

Dentro desta nova dinámica mariñeira na que entrou a asociación afiliámonos á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, sendo xa un total de trinta e catro asociacións as que defendemos o noso patrimonio para que non se perda, tanto a nivel de embarcacións como procurando convencer ás institucións para que tomen conciencia da grande riqueza cultural que temos arredor deste noso mar que tanta fame matou.

Dentro das nosas actividades  destacamos a Carreira a pé:

  • Carreira a pé, nas súas diferentes categorías, faise todos os anos no mes de agosto, e con ela procuramos unir o puramente deportivo co festivo, xa que ao seu remate, no Mar de Lira, celebramos unha sardiñada acompañada de pementos de Padrón (dos de verdade, que para iso llos imos mercar a unha velliña de alá que nolos vende por xunto). Nese serán, a base de sardiñas, boroa e moito viño, facemos unha festa que para si quixeran moitos.

LogoCanle

accanle@gmail.com

Asociación Cultural Canle – Lira