Deixámosvos unha pequena pincelada do evento do pasado venres. Grazas a todos por vir!
As fotografías son de @Nunegraphy, todo un luxo!
Deixámosvos unha pequena pincelada do evento do pasado venres. Grazas a todos por vir!
As fotografías son de @Nunegraphy, todo un luxo!
Mañá venres 28/06 a partir das 21:00h, triple evento na Lonxa Vella:
· Presentación Festórreo 2019.
· Entrega de premios do V Certame de fotografía.
· Sardiñas e churrasco de balde para os socios.
Vémonos en Portocubelo!
Pinchando no seguinte enlace poderán ver a galería de fotos e vídeos da pasada XXV edición Carreira a pé Canle.
Galería Fotos/Vídeos XXV Carreira a pé Canle
Bases que rexerán:
Tema: “Lira; dende terra, mar e aire”
A participación é totalmente libre cun máximo de dúas imaxes por persoa.
O tema ten un enfoque de libre interpretación (valorarase a orixinalidade) sempre e cando sexan imaxes que se axusten a este motivo, isto é: que todas a imaxes deberán ser sacadas dentro dos lindes de Lira, as imaxes pódense entregar de dúas maneiras: impresa en papel fotografía de 20X30(D4), ou enviar a imaxe por correo electrónico que aparece no seguinte punto con unha calidade minima obrigatoria de 240ppp (pixels por pulgada), recomendamos 300ppp.
As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico “fotografiacanle@gmail.com” cada fotografía que participe ten que ir acompañado cos seguintes datos; en “asunto” o título da imaxe e xa dentro do correo; Nome, apelidos, idade do autor e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe.
As imaxes presentadas deberán ser inéditas, sen axuste algún. Poderán ser antigas pero non difundidas anteriormente (redes sociáis, etc…).
O xurado poderá deixar descubertos o 1º é 2º premio si valoran que as imaxes recibidas non son merecedoras de premio, tamén queda na elección da Asociación unha vez o xurado elixa, que fotos das recibidas por correo eletrónico se van imprimir.
O 1º premio será un dron con cámara HD, o 2º premio esta dotado de unha cámara polaroid e o 3º premio (elexido polos asistentes o día da presentación da exposición) será unha cámara deportiva.
O prazo para o envío das fotografías rematará a medianoite do día 1 de xuño, no mes de xuño farase entrega dos premios e exposición das imaxes no local da asociación.
Todas as obras que nos chegen quedarán no poder da Asociación, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
Se existise algunha dúbida sobre a mecánica do consurso non dubiden en usar os medios dixitais dos que dispoñemos.
A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.
Coa publicación destas bases queda aberto o plazo de admisión para o concurso.
O próximo día 2 de xullo a partir das 21:00 horas, terá lugar na lonxa vella de Portocubelo a entrega de premios do concurso de fotogafía de A.C. Canle.
Tamén celebraremos a presentación do cartel e camisola oficial do festórreo 2016, que terá lugar o 30 de xullo na eira do cura.
Todo isto, aderezado con sardiñas e churrasco por cortesía da Asociación Cultural Canle.
Esperámosvos a todos!!
Bases completas
Saúde e sorte polos camiños