Aprazamento do Festórreo. Si, outra vez.

Non é que acaben de ter un dejà vu, senón que o pronóstico de choiva é moi seguro para o Venres á noite.

En A.C. Canle non lle temos medo ós elementos de ningún tipo, nin a fenómenos metereolóxicos ou paranormais, pero ademais de ser moi competitivos e poñernos como reto superar o récord de aprazamentos que teñen os de Lariño ca súa festa; somos moi coidadosos cos nosos artistas invitados e ca saúde e benestar dos nosos veciños, por iso, vémonos obrigados a aprazar de novo o festórreo:

FS_CautionSlipperyWhenWet__08458.1332953704.1000.1000

 

En breve comunicarémoslle calquera decisión que tomemos sobre a celebración da festa.

Saúde e sorte polos camiños.

Presentación do Festórreo III. Os Claretes

Seguimos coa banda rockeira Os Claretes. Será unha das últimas actuacións da noite e farannos vibrar cas súas versións, incluíndo versións de versións como a de “Miña terra galega” e tamén temas propios como “Miénteme Sue”, “Juanito va bien” ou “Ricos y esclavos”.

Velaí unhas mostras das súas actuacións:

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=suy-PEc1RcU]

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=S4OJTPKK6I8]

Saúde e sorte polos camiños.

Presentación do Festórreo II. O Rumial e Parameán

Estes dous grupos serán os que abriran a festa e nos acompañarán mentres facemos bo uso da empanada.

ASC O Rumial Campo de Cortes é unha activa asociación muradana que organiza tódolos anos as festas do Espíritu Santo e a carreira popular solidaria -a beneficio de Cáritas- do mesmo nome. Teñen tamén un grupo de baile e ademáis saben cantar, como proba diso, no enlace ó seu sitio en facebook poden ver o seu paso polo Luar, o famoso programa da TVG.

Os integrantes do grupo folk Paraméan de Esteiro tocan temas da música tradicional galega e veñen de publicar o ano pasado o seu primeiro disco, ademáis de ofrecer actuacións no ambito local como as festas de San Martiño en Lariño ou as carrilanas de Esteiro. Para máis información, poden visitar musicaengalego.blogspot.com.es/2013/06/grupo-paramean-paramean.html

Saúde e sorte polos camiños

Presentación do Festórreo I. Canle Nius

Ademáis das empanadas, que non precisan presentación, imos facer unha serie de entradas para anticipar as actuacións das que poderán disfrutar no festórreo.

En A.C. Canle somos pioneiros en facer informativos de humor, xa antes de que as cadenas públicas e privadas se adicaran a este oficio. Poderán ver que non hai tema que se deixe sen tocar, mesmo os máis íntimos, vexan un par de exemplos:

Saúde e sorte polos camiños

Festórreo para o 1 de Agosto

Cartel festórreo

Lembrarán que tivemos que aplazar o festórreo da súa data orixinal por culpa das condicións meteorolóxicas. Pois ben, voltamos con máis gañas e menos chuvia.

A partir das oito da tardiña poderán degustar a tradicional empanada acompañados pola música dos nosos amigos de Parameán e as cantareiras de Asc O Rumial de Campo de Cortes.

Xa ás once da noite teremos o Canle Nius, o noso noticieiro anual dos que non lle teñen medo á realidade e á imaxinación tampouco.

Mais tarde disfrutaremos da actuación estelar do gran Pazos de Merexo na compaña dos artistas invitados Xurxo Souto, Pulpiño Viascón e Xan Papaqueixos e para despedirnos a música de Os Claretes e Os Mecánicos

Presentación FESTÓRREO 2014

Outro ano máis xa está aquí o noso benquerido Festórreo ca súa empanada, os concertos e o noticiario máis enxebre da redonda, o Canle Nius:

cartel festorreo 2014

 

Para ir abrindo boca deixámosvos un detalliño, dentro vídeo:

 

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=bwUbF8siFXk]

 

Saúde e sorte polos camiños.

O verán en A.C. Canle

Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.

Sábado 31 de Maio:

  • Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.

Venres 6 de Xuño:

  • Finais da liga femenina de Tenis de mesa

Sábado 7 de Xuño:

  • Finais da liga de Xadrez
  • Finais da liga masculina de Tenis de mesa

Sábado 5 de Xullo:

Sábado 9 de Agosto:

Saúde e sorte polos camiños

Vídeo resumo Canle Nius. Festórreo 2013.

Aquí vos deixamos o vídeo resumo do Festórreo 2013, con Canle Nius como protagonista. A calidade que nos permite Youtube non é moi boa, por iso proximamente sacaremos copias en DVD para quen queira ter o vídeo en alta definición. 

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=3Ouytsyo_k4&w=420&h=315]