Evento especial

O próximo día 2 de xullo a partir das 21:00 horas, terá lugar na lonxa vella de Portocubelo a entrega de premios do concurso de fotogafía de A.C. Canle.
Tamén celebraremos a presentación do cartel e camisola oficial do festórreo 2016, que terá lugar o 30 de xullo na eira do cura.
Todo isto, aderezado con sardiñas e churrasco por cortesía da Asociación Cultural Canle.
Esperámosvos a todos!!

Festórreo 2015

As últimas predicións que manexamos indican unha diminución do risco de chuvia e menos vento, polo que o ‪#‎Festórreo2015‬ vaise celebrar no seu tempo e lugar previstos.
fest1

Acompañaránnos os nosos amigos Do fondo do peto e pandereteiras sen fronteiros durante a hora da parva e da empanada para seguir co noso informativo Canle Nius e rematar cos grandes concertos de Sés e Os Claretes.
Saúde e sorte polos camiños.

Vídeo e guión do Festórreo 2014

Xa está disponible o vídeo resume do Festórreo deste ano. Inclúe metraxe inédito que non se puido ver en directo durante a festa. O son non é o mellor pero a calidade é a de sempre:

Tamén está disponible o guión completo do Canle Nius, un informativo local de alcanse mundial:

Saúde e sorte polos camiños.

Presentación do Festórreo, V e final.

Despois de contarvos a sustitución dos Claretes por Mustang Charos e os Soplapaipers, fáltanos comentar a actuación dun dos platos fortes da festa: a actuación de Pazos de Merexo con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Xan Papaqueixos (gaiteiro) e Pulpiño Viascón (multiinstrumentista especializado en serra de aire).

Pazos de Merexo, autodidacta e aínda en activo pese á súa avanzada idade, é un referente no mundo do folk, e o son do seu acordeón diatónico puido escoitarse no último disco de Kepa Junquera.

Acompañaraos tamén o Carreirán, último eslabón dunha lendaria dinastía de acordeonistas lirachos

Saúde e sorte polos camiños.