Arquivo da categoría: Festórreo

Presentación do Festórreo II. O Rumial e Parameán

Estes dous grupos serán os que abriran a festa e nos acompañarán mentres facemos bo uso da empanada.

ASC O Rumial Campo de Cortes é unha activa asociación muradana que organiza tódolos anos as festas do Espíritu Santo e a carreira popular solidaria -a beneficio de Cáritas- do mesmo nome. Teñen tamén un grupo de baile e ademáis saben cantar, como proba diso, no enlace ó seu sitio en facebook poden ver o seu paso polo Luar, o famoso programa da TVG.

Os integrantes do grupo folk Paraméan de Esteiro tocan temas da música tradicional galega e veñen de publicar o ano pasado o seu primeiro disco, ademáis de ofrecer actuacións no ambito local como as festas de San Martiño en Lariño ou as carrilanas de Esteiro. Para máis información, poden visitar musicaengalego.blogspot.com.es/2013/06/grupo-paramean-paramean.html

Saúde e sorte polos camiños

Presentación do Festórreo I. Canle Nius

Ademáis das empanadas, que non precisan presentación, imos facer unha serie de entradas para anticipar as actuacións das que poderán disfrutar no festórreo.

En A.C. Canle somos pioneiros en facer informativos de humor, xa antes de que as cadenas públicas e privadas se adicaran a este oficio. Poderán ver que non hai tema que se deixe sen tocar, mesmo os máis íntimos, vexan un par de exemplos:

Saúde e sorte polos camiños

Festórreo para o 1 de Agosto

Cartel festórreo

Lembrarán que tivemos que aplazar o festórreo da súa data orixinal por culpa das condicións meteorolóxicas. Pois ben, voltamos con máis gañas e menos chuvia.

A partir das oito da tardiña poderán degustar a tradicional empanada acompañados pola música dos nosos amigos de Parameán e as cantareiras de Asc O Rumial de Campo de Cortes.

Xa ás once da noite teremos o Canle Nius, o noso noticieiro anual dos que non lle teñen medo á realidade e á imaxinación tampouco.

Mais tarde disfrutaremos da actuación estelar do gran Pazos de Merexo na compaña dos artistas invitados Xurxo Souto, Pulpiño Viascón e Xan Papaqueixos e para despedirnos a música de Os Claretes e Os Mecánicos

O verán en A.C. Canle

Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.

Sábado 31 de Maio:

  • Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.

Venres 6 de Xuño:

  • Finais da liga femenina de Tenis de mesa

Sábado 7 de Xuño:

  • Finais da liga de Xadrez
  • Finais da liga masculina de Tenis de mesa

Sábado 5 de Xullo:

Sábado 9 de Agosto:

Saúde e sorte polos camiños

Agracedementos Festórreo.

Queridos Canleiros, pasou o día, pasou a romería… Decir que para nós fui un verdadeiro pracer poder contar con todos vós,  esperamos que pasárades unha boa tarde-nuite.

Dende a Asociación queremos agradecer a tódas aquelas persoas que de maneira desinteresada fixeron posible o nacemento do Festórreo. Facer mención especial para Miguel de Lira que, cun presuposto mui limitado, conseguíu sacar adiante o Canle Nius dunha maneira brillante.

Sen máis, vémonos na seguinte actividade, a XX edición da Carreira a Pé.

Saúdos!