Carreira a pé

Correr xa non é de cobardes

Como parte dunha estratexia perfectamente planificada para queimar o posible exceso de empanada no festórreo organizaremos xusto para a semana seguinte, o Sábado 9 de Agosto a vixésimoprimeira carreira a pé, unha tradición nosa e xa de moita xente máis. Sexan valentes e participen.

Carreira a pé

Saúde e sorte polos camiños.

O verán en A.C. Canle

Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.

Sábado 31 de Maio:

  • Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.

Venres 6 de Xuño:

  • Finais da liga femenina de Tenis de mesa

Sábado 7 de Xuño:

  • Finais da liga de Xadrez
  • Finais da liga masculina de Tenis de mesa

Sábado 5 de Xullo:

Sábado 9 de Agosto:

Saúde e sorte polos camiños

Información XX Carreira a Pé Canle.

 

 

Xa está aquí a XX Edición da Carreira a Pé Canle, será o vindeiro sábado 10 de agosto, coma sempre, en Mar de Lira.

A inscripción é de balde, e poderase facer enviando un correo a carreiraapecanle@gmail.com co nome, apelidos e data de nacemento ou ben o mesmo día da carreira a partires das 16H en Mar de Lira.

Haberá trofeo e medalla para os primeiros clasificados.

Estas son as categorías:  Prebenxamín, benxamín, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís,  seniors A-B, veteráns A-B.

No seguinte panel poden ver os recorridos de cada categoría, distancias e horas de saída:

Panel XX Carreira a Pé

Para máis información preguntar no correo:  accanle@gmail.com

Un saúdo e sorte polos camiños.

XIX Carreirá a pé

Xa está aquí a XIX edición da Carreira a Pé! Para axilizar as inscripcións, este ano pódese facer enviando un correo electrónico a: carreiraapecanle@gmail.com aportando nome, apelidos e data de nacemento do participante.

E como non todo vai ser deporte, o rematar as carreiras haberá sardiñas e pementos de Padrón.