Aquí vos quedan as fotografías da XXI Carreira a pé.
·Previo, chegadas e sardiñada.
Saúdos e sorte polos camiños.
Aquí vos quedan as fotografías da XXI Carreira a pé.
·Previo, chegadas e sardiñada.
Saúdos e sorte polos camiños.
Para darvos tempo a relativizar os resultados da carreira tomámonos un tempo antes de publicar os resultados, ahora que vedes todo cunha perspectiva máis relaxada aí vos van:
CLASIFICACIÓNS XXI CARREIRA A PÉ CANLE
Están todas dentro dun arquivo con varias follas, buscade a que vos interese.
Saúde e sorte polos camiños.
Como parte dunha estratexia perfectamente planificada para queimar o posible exceso de empanada no festórreo organizaremos xusto para a semana seguinte, o Sábado 9 de Agosto a vixésimoprimeira carreira a pé, unha tradición nosa e xa de moita xente máis. Sexan valentes e participen.
Saúde e sorte polos camiños.
Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.
Saúde e sorte polos camiños
No seguinte enlace podrán ver a tabla de clasificación, hai unha folla por categoría:
Xa está aquí a XX Edición da Carreira a Pé Canle, será o vindeiro sábado 10 de agosto, coma sempre, en Mar de Lira.
A inscripción é de balde, e poderase facer enviando un correo a carreiraapecanle@gmail.com co nome, apelidos e data de nacemento ou ben o mesmo día da carreira a partires das 16H en Mar de Lira.
Haberá trofeo e medalla para os primeiros clasificados.
Estas son as categorías: Prebenxamín, benxamín, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, seniors A-B, veteráns A-B.
No seguinte panel poden ver os recorridos de cada categoría, distancias e horas de saída:
Para máis información preguntar no correo: accanle@gmail.com
Un saúdo e sorte polos camiños.