
Inscricións XXVI Carreira a pé

O cambio climático é unha realidade, dende Canle queremos sumarnos ao día mundial do medio ambiente proxectando o documental ‘before the flood’. A cinta dirixida por Martín Scorsese proxectarase en V.O subtitulada o castelán e está recomendada para maiores de 10 anos. Sábado 8 de xuño ás 19:00, vémonos na Lonxa Vella.
Manifestamos públicamente o apoio da A.C.Canle a petición de INDULTO formulada por D. Manuel Antonio Martínez Lustres .
Para reforzar dita petición hai en marcha unha campaña que suma máis de 1000 firmas en menos de 24h.
Podedes mostrar o voso apoio firmando no seguinte enlace:
Recordamos, 23 de marzo, Luis Zahera na Lonxa Vella nun novo capítulo de Nuites de Risas. Entradas a venta nos lugares de costume ou reservando no tlfno. de Canle.
Saúdos!
De conformidade co previsto no artigo 51 dos Estatutos da Asociación Cultural Canle de Lira convócase ás persoas asociadas a unha asemblea xeral extraordinaria.
Día: 27 de Xaneiro de 2019
Hora: 12:00 h en primeira convocatoria 12:30 h en segunda convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
Orde do día: Modificación dos estatutos da asociación no seu artigo 5º, engadindo o seguinte obxectivo: “f) Defensa e promoción do patrimonio marítimo galego”
En Lira a 16 de xaneiro de 2019
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE
De conformidade co previsto no artigo 19 dos Estatutos da Asociación Cultural Canle de Lira convócase a todas as persoas asociadas a unha asemblea xeral extraordinaria.
Día: sábado 8 de Decembro de 2018
Hora: 12:00 h, en primeira convocatoria; 12:30 h, en segunda convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
ORDE DO DÍA
En Lira, a 25 de Novembro de 2018
Pinchando no seguinte enlace poderán ver a galería de fotos e vídeos da pasada XXV edición Carreira a pé Canle.
Galería Fotos/Vídeos XXV Carreira a pé Canle
Clasificación por categorías da XXV Carreira a Pé:
O pasado sábado 28 de xullo selebramos o Festórreo por todo o alto, cun Canle Nius nutrido polas reformas en Portocubelo e pola competisión Operasión Trunfos entre o jrupo Titánicas e os Mariachis.
As reporteiras Lusía e Noa deron conta das novidades en Portocubelo Beach:
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=6u6SDWxcuw8]
Sejún informaron Mijel Clariso e Xaquín da Burrica, unha ajria disputa xojando ó tute no Pedra Pas deu lujar á emosionante competisión, da que vos deixamos testemuño en vídeos (preparasión das actuasións coas profesoras Adhara e Patri e os psicólojos Fran e Eloi).
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=wVinUUKQUFM]
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=9g2GBeTf5Wk]
O combate solventouse en directo no propio Festórreo, e ante o empate trala votasión do xurado (Belén da Creja e Risto Anónimo da Montaña) e do público, houbo que recorrer ó VAR de Chema… pero como parese que quixo untar a Mijel e Xaquín cunhas nécoras para benefisiar ós Mariachis, o fallo decantouse polas Titánicas, que cantaron unha sejunda e triunfal volta do seu tema.
Aí vos vai un resumo da noite, que remataron os Radio Cos, Banda Xangai e 7 Setenta!
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=MV5Tl2Vlj8Q]