Presentación Ám@me

O vindeiro 22 de xuño terá lugar na Lonxa Vella a presentación do libro Ám@me das escritoras Chis Oliveira e Amada Traba.

Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor.

Proxección ‘before the flood’



O cambio climático é unha realidade, dende Canle queremos sumarnos ao día mundial do medio ambiente proxectando o documental ‘before the flood’. A cinta dirixida por Martín Scorsese proxectarase en V.O subtitulada o castelán e está recomendada para maiores de 10 anos. Sábado 8 de xuño ás 19:00, vémonos na Lonxa Vella.

V certamen de fotografía

V Certamen de fotografía
• Bases que rexerán:
• A participación é totalmente libre cun máximo de dúas imaxes por persoa.
• O tema ten un enfoque de libre interpretación (valorarase a orixinalidade) sempre e cando sexan imaxes que se axusten a este motivo, isto é: que todas a imaxes deberán ser sacadas dentro dos lindes de Lira, as imaxes pódense entregar de dúas maneiras: impresa en papel fotografía de 20X30(D4), ou enviar a imaxe por correo electrónico que aparece no seguinte punto con unha calidade minima obrigatoria de 240ppp (pixels por pulgada), recomendamos 300ppp.
• As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico “fotografiacanle@gmail.com” cada fotografía que participe ten que ir acompañado cos seguintes datos; en “asunto” o título da imaxe e xa dentro do correo; Nome, apelidos, idade do autor e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe.
• As imaxes presentadas deberán ser inéditas, sen axuste algún. Poderán ser antigas pero non difundidas anteriormente (redes sociáis, etc…).
• O xurado poderá deixar descubertos o 1º é 2º premio si valoran que as imaxes recibidas non son merecedoras de premio, tamén queda na elección da Asociación unha vez o xurado elixa, que fotos das recibidas por correo eletrónico se van imprimir.
• O 1º premio será un dron con cámara HD, o 2º premio esta dotado de unha cámara polaroid e o 3º premio (elexido polos asistentes o día da presentación da exposición) será unha cámara deportiva.
• O prazo para o envío das fotografías rematará a medianoite do día 1 de xuño, no mes de xuño farase entrega dos premios e exposición das imaxes no local da asociación.
• Todas as obras que nos chegen quedarán no poder da Asociación, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
• Se existise algunha dúbida sobre a mecánica do consurso non dubiden en usar os medios dixitais dos que dispoñemos.
• A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.
• Coa publicación destas bases queda aberto o plazo de admisión para o concurso.

Noticias sobre Pilates

  • A actividade comezará o próximo día 2 de novembro.
  • Cancélase a presentación prevista para o día 31 de outubro
  • Haberá dous grupos os luns e mércores, un comeza ás 19:00 o outro as 19:45
  • O primeiro día asista ó que prefira. Os grupos conformaránse definitivamente máis tarde

Saúde e sorte polos camiños