Biografía Maribel Longueira

A Coruña. Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC. Xestión de Patrimonio e Bens Culturais pola UdC. Cursos de doutoramento sobre Patrimonio e fotografía na U.N.E.D, Madrid. .

Asistiu a cursos e talleres impartidos por profesionais da imaxe como: Chema Conesa, Isabel Muñoz, José Mª Mellado, Iñaki Lacuesta, Christian Caujoulle, Ricky Davila, Castro Prieto.

Na actualidade comparte o interés pola fotografía co mundo textil, na súa faceta da cor.

Exposicións individuales: Alguén agarda que volva alí; Os hórreos e a cultura do pan; A paisaxe como pretexto; O Prestige; O mar da vida; O Papagaio: a pegada dos sentidos; Incerteza; Xente no medio. En Galicia, Bretaña, Gran Bretaña, Cuba, Estados Unidos, Brasil e Islandia.

Publicacións: Alguén agarda que volva alí; O mundo da pesca na literatura galega; Unha viaxe á procura do solpor; Muros: ronsel de pedra, espiral de mar; Mar de Lira; Homenaxe a Ánxel Casal (AELG); O Papagaio, con poemas de Luisa Villalta; Entremiradas I, Galicia Bos Aires e Entremiradas II Galicia Cuba, As Crebas: outro xeito de andar ao mar.

Poemas visuales: “Ulo o amor” “Grafías de vento e auga” “URBS” “MOON” “Swit Habana”.

Exposición fotográfica “olladas oceánicas”

O vindeiro 26 de xuño inaugurarase a exposición fotográfica “olladas oceánicas”.

Retomamos a actividade cunha gran exposición co tema xenérico do mar, con artistas consagrados que teñen de nexo común que todos viven no concello de Carnota ou teñen segundas residencias neste concello. As fotografías que se poden ver na exposición que acollerá o noso local social, a lonxa vella, son dos seguintes artistas:

Maribel Longueira, Xacobe Meléndrez, Antonio Nodar, Sam Ponsford e Paco Torrente.

Estamos de volta

Despois dunha longa travesía por terra de viruses, volcáns e guerras, a Asociación Cultural Canle volve á carga.

Para este verán estamos traballando nos seguintes eventos:

  • Monólogo Luis Zahera “chungo” 25 de xuño.
  • Exposición fotográfica “Olladas Oceánicas” dende o 26 de xuño ata o 23 de xullo.
  • Festórreo 30 de xullo.
  • Carreira a pé 13 de agosto.

Presentación Ám@me

O vindeiro 22 de xuño terá lugar na Lonxa Vella a presentación do libro Ám@me das escritoras Chis Oliveira e Amada Traba.

Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor.