De conformidade co previsto no artigo 18 dos estatutos da Asociación
cultural Canle de Lira convócase a todas as persoas asociadas a
asamblea xeral ordinaria anual.
Día: 18 de xaneiro do 2020.
Hora: 18:00h, en primeira convocatoria; 18:30h, en segunda
convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
ORDE DO DÍA
• Lectura e aprobación do exercicio 2019.
• Aprobación das contas.
• Rolda de intervencións.
Tendo en conta a importancia do tema que se tratará, pregamos a
asistencia a esta asamblea de todas as persoas asociadas.
Asina o presidente: D. José Manuel Saborido Trillo.
Festórreo 2019
Xa queda menos! Xa está aquí o CabaseiraFest!
Festa Socios 2019
Deixámosvos unha pequena pincelada do evento do pasado venres. Grazas a todos por vir!
As fotografías son de @Nunegraphy, todo un luxo!
RECORDATORIO
Mañá venres 28/06 a partir das 21:00h, triple evento na Lonxa Vella:
· Presentación Festórreo 2019.
· Entrega de premios do V Certame de fotografía.
· Sardiñas e churrasco de balde para os socios.
Vémonos en Portocubelo!
Presentación Ám@me
O vindeiro 22 de xuño terá lugar na Lonxa Vella a presentación do libro Ám@me das escritoras Chis Oliveira e Amada Traba.
Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor.