Comecei a traballar neste oficio alá polo ano 1972 en Madrid e por pura casualidade. Acolléronme dous galegos de Ourense que dirixían unha Axencia de Prensa chamada DELFOS. Cunha
Nikkormat prestada e media ducia de rolos en branco e negro para facer prácticas empecei unha andaina que duraría corenta anos. Traballei case toda a miña carreira profesional na Axencia EFE, durante quince anos como freelance e máis tarde en plantel desde onde cubrín toda clase de temas: sociais, culturais, deportivos, políticos ou bélicos en diversas partes do mundo. Agora xa retirado dese apaixonado mundo, sígome dedicando coa miña pequena cámara dixital, a fotografar todo aquilo que me parece belo ou interesante. Estas fotos que presento aquí, cos meus colegas, pertencen a unha colección chamada “Desde a Costa da Morte a la Costa del Sol” e que tería que expoñerse en Estepona (Málaga) no 2020 e que por esas circunstancias que nos tocou vivir suspendeuse ata outra ocasión.