V Certamen de fotografía • Bases que rexerán: • A participación é totalmente libre cun máximo de dúas imaxes por persoa. • O tema ten un enfoque de libre interpretación (valorarase a orixinalidade) sempre e cando sexan imaxes que se axusten a este motivo, isto é: que todas a imaxes deberán ser sacadas dentro dos lindes de Lira, as imaxes pódense entregar de dúas maneiras: impresa en papel fotografía de 20X30(D4), ou enviar a imaxe por correo electrónico que aparece no seguinte punto con unha calidade minima obrigatoria de 240ppp (pixels por pulgada), recomendamos 300ppp. • As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico “fotografiacanle@gmail.com” cada fotografía que participe ten que ir acompañado cos seguintes datos; en “asunto” o título da imaxe e xa dentro do correo; Nome, apelidos, idade do autor e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe. • As imaxes presentadas deberán ser inéditas, sen axuste algún. Poderán ser antigas pero non difundidas anteriormente (redes sociáis, etc…). • O xurado poderá deixar descubertos o 1º é 2º premio si valoran que as imaxes recibidas non son merecedoras de premio, tamén queda na elección da Asociación unha vez o xurado elixa, que fotos das recibidas por correo eletrónico se van imprimir. • O 1º premio será un dron con cámara HD, o 2º premio esta dotado de unha cámara polaroid e o 3º premio (elexido polos asistentes o día da presentación da exposición) será unha cámara deportiva. • O prazo para o envío das fotografías rematará a medianoite do día 1 de xuño, no mes de xuño farase entrega dos premios e exposición das imaxes no local da asociación. • Todas as obras que nos chegen quedarán no poder da Asociación, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade. • Se existise algunha dúbida sobre a mecánica do consurso non dubiden en usar os medios dixitais dos que dispoñemos. • A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases. • Coa publicación destas bases queda aberto o plazo de admisión para o concurso. Published by admin View all posts by admin