- DATA: sábado, 11 de agosto
- LUGAR: Portocubelo (Lira)
- PROMOVE: A. C. Canle
- PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
- COLABORA: Concello de Carnota
- Categoría, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións:
Categoría
Ano de nacemento Distancias Hora de saída Gastos de Inscrición
Prebenxamíns
2011 e posteriores 300m aprox 18:30h non Benxamíns
2009-2010 500m aprox 18:50h non
Alevíns
2007-2008 1500m aprox 19:15h non
Infantís
2005-2006 1500m aprox 19:15h non
Cadetes
2003-2004 3118m aprox 19:30h non Xuvenís
2000-2001-2002 10.200m aprox 20:00h 5 € Senior 1980-1999 10.200m aprox 20:00h 5 €
Veteráns 1979 e anteriores
10.200m aprox 20:00h 5 €
NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación se presenta algún imprevisto de última hora.
- Inscricións:
Ata o xoves 10 de Agosto as 23:59 h a través de www.championchipnorte.com. As inscricións das categorías; Xuvenís, senior e veteráns, terá un custo de 5 euros.
Os nenos e nenas das categorías inferiores son de valde. Os prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tamén deberán inscribirse a través de www.championchipnorte.com
Nas categorías; Prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís todos os participantes inscritos pola web recibirán unha medalla. - Datos obligatorios para as inscricións:
D.N.I. con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, teléfono de contacto (se o ten) e mail de contacto (se o ten). - Premios:
Prebenxamíns: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Benxamíns: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Alevíns: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís: trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes: trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís: trofeo para os tres primeiros clasificados.
Seniors: trofeo para os tres primeiros clasificados.
Veteráns: trofeo para os tres primeiros clasificados. - Percorridos:
Todas as carreiras sairán e chegarán a Portocubelo.- 300 m – prebenxamíns.
- 500 m – benxamíns.
- 500 m – alevíns e infantís.
- 000 m – cadetes
- 200 m – xuvenís, seniors, veteráns.
- Regulamento:
- A asociación CANLE será a organizadora da XXV CARREIRA A PÉ de Lira.
- A carreira estará controlada por persoal de Championchip e de A.C. Canle (comité organizador).
- A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de daños morais, físicos ou materiais que así mesmo ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con motivo da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra mutualidade.
- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumplimento.
- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de estar sempre ben visible.
- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sin dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade , será descalificado.
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes.
- Prebenxamíns – 18:30 h
- Benxamíns- 18:50 h
- Alevins – 19:15h
- Infantís – 19:15h
- Cadetes – 19:30 h
- Xuvenís – 20:00 h
- Seniors – 20:00 h
- Veteráns – 20:00 h
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
- O control de chegada na carreira de 10 km pecharase 40m despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- O horario da entrega de trofeos estará suxeita a decisión do comité organizador (o remate de cada carreira ou todos xuntos o final das probas).
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público e organización en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
- Límite de participantes 500 corredores.