BASES DA CARREIRA – LIRA 2017CARTEL CARREIRA 2017 LIRA

Bases da XXIV CARREIRA A PÉ – LIRA

  • DATA: sábado 5 de agosto.
  • LUGAR: Mar de Lira (Lira)
  • PROMOVE: A. C. Canle.
  • PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
  • COLABORA: Concello de Carnota, Bar Moncho, Restaurante Doña Teresa e voluntarios.
  • Categoría, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións:
Categoría Ano de nacemento Distancias Hora de saída Gastos de inscrición
Prebenxamíns 2010 e posteriores 300m aprox 19:00 non
Benxamíns 2008-2009 500m aprox 19:05 non
Alevíns 2006-2007 1500m aprox 19:15 non
Infantís 2004-2005 1500m aprox 19:15 non
Cadetes 2002-2003 3118m aprox 19:30 non
Xuvenís 1999-2000-2001 9660m aprox 20:00 8 €
Senior 1979-1998 9660m aprox 20:00 8 €
Veteráns 1978 e anteriores 9660m aprox 20:00 8 €

NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación  se presenta algún imprevisto de última hora.

  • Inscricións:

Ata o xoves 3 de agosto ás 23:59 h a través de carreiralira.galitiming.com.
As  inscricións das categorías: xuvenís, senior e veteráns, terá un custo de 8 euros.
Os nenos e nenas das categorías inferiores son de valde. Os prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tamén deberán inscribirse a través de galitiming (se queda fóra do plazo de inscrición poderán participar igual na carreira).
Nas categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís todos os participantes inscritos pola web recibirán unha medalla.

  • Datos obrigatorios para as inscricrións:

N.I.F., nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, teléfono de contacto (se o ten) e mail de contacto (se o ten). 

  • Premios:

Prebenxamíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Benxamíns      trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Alevíns           trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís           trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes          trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís          trofeo para os tres primeiros clasificados.
Seniors            trofeo para os tres primeiros clasificados.
Veteráns         trofeo para os tres primeiros clasificados.

  • Percorridos:

Todas as carreiras saíran e chegarán a Mar de Lira, menos a dos benxamíns que acabará no medio das escabaleiras

  • 300 m – prebenxamíns.
  • 500 m – benxamíns.
  • 1500 m – alevíns e infantís.
  • 9660 m – xuvenís, seniors, veteráns.

 

  • Regulamento:
  1. A asociación CANLE será a organizadora da XXIV CARREIRA A PÉ de Lira.
  2. A carreira estará controlada por personal de Galitiming e de Canle (comité organizador).
  3. A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de danos morais, físicos ou materiais que así mesmo ou a outras persoas lles ocasionen aos participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con motivo da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra mutualidade.
  4. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
  5. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
  6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de estar sempre ben visible.
  7. Todo corredor que non realice o precorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade, será descalificado.
  8. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes:
    • Prebenxamíns – 19:00 h
    • Benxamíns – 19:00 h
    • Alevins – 19:15h
    • Infantís – 19:15h
    • Cadetes – 19:30 h
    • Xuvenís – 20:00 h
    • Seniors – 20:00 h
    • Veteráns – 20:00 h
  1. Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
  2. O control de chegada na carreira de 10 km pecharase 40m despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
  3. Os trofeos non serán acumulativos.
  4. O horario da entrega de trofeos estará suxeita a decisión do comité organizador (ao remate de cada carreira ou todos xuntos o final das probas).
  5. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público que presencie a proba, un comportamento exemplar de cara os compañeiros, público, organización en xeral.
  6. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
  7. Límite de participantes 500 corredores.

 
 
 
 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *