Bases da XXIV CARREIRA A PÉ – LIRA
- DATA: sábado 5 de agosto.
- LUGAR: Mar de Lira (Lira)
- PROMOVE: A. C. Canle.
- PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
- COLABORA: Concello de Carnota, Bar Moncho, Restaurante Doña Teresa e voluntarios.
- Categoría, ano de nacemento, distancias, hora de saída e inscricións:
Categoría | Ano de nacemento | Distancias | Hora de saída | Gastos de inscrición |
Prebenxamíns | 2010 e posteriores | 300m aprox | 19:00 | non |
Benxamíns | 2008-2009 | 500m aprox | 19:05 | non |
Alevíns | 2006-2007 | 1500m aprox | 19:15 | non |
Infantís | 2004-2005 | 1500m aprox | 19:15 | non |
Cadetes | 2002-2003 | 3118m aprox | 19:30 | non |
Xuvenís | 1999-2000-2001 | 9660m aprox | 20:00 | 8 € |
Senior | 1979-1998 | 9660m aprox | 20:00 | 8 € |
Veteráns | 1978 e anteriores | 9660m aprox | 20:00 | 8 € |
NOTA: os horarios das carreiras non están libres de sufrir algunha modificación se presenta algún imprevisto de última hora.
- Inscricións:
Ata o xoves 3 de agosto ás 23:59 h a través de carreiralira.galitiming.com.
As inscricións das categorías: xuvenís, senior e veteráns, terá un custo de 8 euros.
Os nenos e nenas das categorías inferiores son de valde. Os prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, tamén deberán inscribirse a través de galitiming (se queda fóra do plazo de inscrición poderán participar igual na carreira).
Nas categorías: prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís todos os participantes inscritos pola web recibirán unha medalla.
- Datos obrigatorios para as inscricrións:
N.I.F., nome e apelidos, data de nacemento completa, sexo, teléfono de contacto (se o ten) e mail de contacto (se o ten).
- Premios:
Prebenxamíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Benxamíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Alevíns trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Infantís trofeo para 1º clasificado e medalla para o resto de participantes.
Cadetes trofeo para 1º clasificado e medalla para o 2º e 3º clasificado.
Xuvenís trofeo para os tres primeiros clasificados.
Seniors trofeo para os tres primeiros clasificados.
Veteráns trofeo para os tres primeiros clasificados.
- Percorridos:
Todas as carreiras saíran e chegarán a Mar de Lira, menos a dos benxamíns que acabará no medio das escabaleiras
- 300 m – prebenxamíns.
- 500 m – benxamíns.
- 1500 m – alevíns e infantís.
- 9660 m – xuvenís, seniors, veteráns.
- Regulamento:
- A asociación CANLE será a organizadora da XXIV CARREIRA A PÉ de Lira.
- A carreira estará controlada por personal de Galitiming e de Canle (comité organizador).
- A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de danos morais, físicos ou materiais que así mesmo ou a outras persoas lles ocasionen aos participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con motivo da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra mutualidade.
- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de estar sempre ben visible.
- Todo corredor que non realice o precorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade, será descalificado.
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes:
- Prebenxamíns – 19:00 h
- Benxamíns – 19:00 h
- Alevins – 19:15h
- Infantís – 19:15h
- Cadetes – 19:30 h
- Xuvenís – 20:00 h
- Seniors – 20:00 h
- Veteráns – 20:00 h
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
- O control de chegada na carreira de 10 km pecharase 40m despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- O horario da entrega de trofeos estará suxeita a decisión do comité organizador (ao remate de cada carreira ou todos xuntos o final das probas).
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público que presencie a proba, un comportamento exemplar de cara os compañeiros, público, organización en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
- Límite de participantes 500 corredores.