Dubi de Vilar na noite de monólogos

Ademáis de Cándido Pazó, o próximo sábado 5 na noite de monólogos teremos con nós ó ilustre habitante de San Mamede, Dubi de Vilar.

Comezou na música formando parte de grupos como Metalbreath, Tan Totem e agora Evil Bastard; nos que mostrou a súa polivalencia como baixista, guitarrista e cantante.

En datas recentes deu en participar con éxito en varios e variados concursos de monólogos. Agora tentará ser profeta na súa terra facéndonos rir cun monólogo sobre esas cousas que facemos cando estamos namorados.

Recorden que poden adquirir as entradas anticipadamente en todos os bares de Lira e no teléfono 654 12 68 23, ou o mesmo día no lugar do evento, Lonxa Vella, Portocubelo, Lira

Saúde e sorte polos camiños