• O grupo de pilates está completo. Poden mandar solicitudes de inscripción e tentaremos formar un grupo novo se houbera solicitantes abondos.
  • As inscripcións para as actividades de gaita, bombo, tambor e tamén o de pandereta poderanse efectuar ata a fin do mes de outubro.
  • A actividade de zumba sufrirá un retraso á espera de completar o grupo e tamén atenderemos solicitudes ata a fin do mes de outubro.
  • En tódolos casos iremos formando os grupos por orde de solicitude.
  • As actividades que aínda non comezaron, farano a primeira semana de novembro.
  • Lembrámoslles que para inscribirse pódeno facer enviando un correo á accanle@gmail.com, unha mensaxe ó noso facebook, comunicándollo a un directivo da asociación ou no teléfono: 654-126-823

Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *