O torneo terá lugar durante os días 3,4 e 5 de xullo.
Para inscribir un equipo dun rueiro, ou inscribirse como xogador para que despois se lle busque un equipo deberase comunicar a inscripción a algún membro da directiva de A.C. Canle, comentando nesta entrada ou enviando un mail a accanle@gmail.com.
Os equipos completaranse seguindo criterios de nacemento ou residencia, tanto pasada como presente nun rueiro determinado; estar casado -ou relación análoga de convivencia- con ou ser descendente de algún nativo/a dun rueiro  determinado e residencia vacacional nun rueiro ou na parroquia.
Poderanse romper os criterios anteriores para garantir un mínimo de xogadores por equipo.
A organización terá poder de decisión final sobre a composición de cada equipo.
O sistema de competición decidirase despois do coñecemento do número total de equipos.
Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *