Estamos na recta final do concurso de fotografía e queremos aclarar unhas poucas preguntas frecuentes que se repiten entre os interesados en participar:

  • O prazo remata o 21 de Marzo de 2015.
  • As fotografías deben ser inéditas -nin sequera compartidas en redes socias- e débense entregar un máximo de tres pero pódese enviar unha soa.
  • Enviarase un correo electrónico por cada foto que participe, pondo en asunto “fotografía” e indicando os seguintes datos: Título da fotografía, nome, apelidos e idade do autor, un enderezo de correo electrónico ou numero de télefono de contacto, e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe.
  • A dirección de correo a onde se deben enviar é: fotografiacanle@gmail.com.

As bases completas:


Saúde e sorte polos camiños

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *