Os nosos veciños de Lariño puxeron en práctica esta iniciativa para solicitarlle á Autoridade portuaria de Vilagarcía a concesión deste emblemático edificio actualmente en condicións de deterioro pola falta de uso e atención do seu xestor actual.
Propoñen a rehabilitación do edificio e do seu entorno para poderen empregalo como museo e local social e así darlle un novo uso e utilidade para o pobo.
Se queren máis información ou asinar a favor desta solicitude poden ir ó blog de salvemos o faro de Lariño. Tamén poden encontrar máis información, recortes de prensa e multimedia na páxina de facebook de salvemos o faro de Lariño.
Saúde e sorte polos camiños.