Despois de contarvos a sustitución dos Claretes por Mustang Charos e os Soplapaipers, fáltanos comentar a actuación dun dos platos fortes da festa: a actuación de Pazos de Merexo con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Xan Papaqueixos (gaiteiro) e Pulpiño Viascón (multiinstrumentista especializado en serra de aire).
Pazos de Merexo, autodidacta e aínda en activo pese á súa avanzada idade, é un referente no mundo do folk, e o son do seu acordeón diatónico puido escoitarse no último disco de Kepa Junquera.
Acompañaraos tamén o Carreirán, último eslabón dunha lendaria dinastía de acordeonistas lirachos
Saúde e sorte polos camiños.