O próximo sábado 31 de 16:00 a 18:00 terá lugar un torneo de Xadrez para clausuralas clases deste ano. Están invitados a competir tódolos rapaces que acudiran e poden asistir de espectadores familiares e amigos.

Recordámoslles tamén que estes eventos do verán serán as únicas oportunidades que terán de recoller os seus carnés de socio ou de darse de alta aqueles interesados, pois non teremos o horario habitual de apertura que tivemos durante o inverno.

Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *