Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.
Sábado 31 de Maio:
- Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.
Venres 6 de Xuño:
- Finais da liga femenina de Tenis de mesa
Sábado 7 de Xuño:
- Finais da liga de Xadrez
- Finais da liga masculina de Tenis de mesa
Sábado 5 de Xullo:
- O noso habitual Festórreo na horta do cura
Sábado 9 de Agosto:
- A clásica e recoñecida Carreira a pé
Saúde e sorte polos camiños