Ante as continuas subidas no prezo da luz que perxudica as economías da maioría de consumidoras e consumidores resulta necesario buscar fórmulas de abaratar o recibo. Por iso A.C Canle organiza esta charla para entender a factura e así poder aforrar neste eido. No acto realizaremos un desglose dos diferentes conceptos que forman unha factura eléctrica así como tamén abordaremos diversas pautas para aforrar en consumo enerxético.

Contaremos co asesor enerxético Serxio Sendón que tratará de responder ás dúbidas que se prantexen sobre os casos particulares. 

Dita charla será de asistencia libre para tódolos veciños e terá lugar o vindeiro sábado día 15 de febreiro ás 20:00h da tardiña no salón de actos da confraría de pescadores de Lira.

Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *