Para este ano queremos un antroido máis participativo, por eso imos impulsar a creatividade e participación dos nosos veciños e deseñamos un formato novo no que cada un pode ter o seu espazo, sexa de forma individual ou como parte dun grupo.

Para organizar esta e outras cuestións invitámosvos a asistir a unha reunión que con obxecto de definir os roles a desempeñar por cada participante e de recoller ideas e propostas de participación terá lugar o próximo sábado.

Será a partir das 19:15 xusto despois da liga de Xadrez, tamén no edificio Domus.

Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *