Xa está aquí a XX Edición da Carreira a Pé Canle, será o vindeiro sábado 10 de agosto, coma sempre, en Mar de Lira.
A inscripción é de balde, e poderase facer enviando un correo a carreiraapecanle@gmail.com co nome, apelidos e data de nacemento ou ben o mesmo día da carreira a partires das 16H en Mar de Lira.
Haberá trofeo e medalla para os primeiros clasificados.
Estas son as categorías: Prebenxamín, benxamín, alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, seniors A-B, veteráns A-B.
No seguinte panel poden ver os recorridos de cada categoría, distancias e horas de saída:
Para máis información preguntar no correo: accanle@gmail.com
Un saúdo e sorte polos camiños.
Bos días. son un participante da carreira da canle que se celebrou o pasado Sábado 10 de Agosto e gustaríame saber se íades poñer algunha foto da debandita carreira. Moutas grazas.
Hoxe empezaremos a subir todo o material relacionado ca carreira, un sáudo.