Presentámosvos o cartel do Festórreo de Lira, e preguntarédesvos: Que é eso do festórreo? Pois resulta que este ano decidimos cambiar o formato do que viñamos facendo sin perder a esencia do mesmo: comida tradicional, humor e música; todo eso ahora no mismo día.

Comezaremos ó rematar a misa das sete (o cura de Lira é breve, non vos preocupedes) cunha degustación de empanada de millo amenizada polos Gaiteros da ANPA do colexio de Carnota e pola Liga Gaiteira Galega.

Ó caer a nuite volve o humor do noticieiro máis famoso da costa, o CANLE NIUS, ca súa alineación titular: Belen da Cregha, Xaquín da Burrica e Miguel de Lira contando ademais con artistas convidados da talla de Federico Pérez, Tonhito de Poi e outras estrelas locais.

Ó rematar empezarán os concertos da man da Banda Crebinsky, Pablo Balseiro e A Banda de Poi. Dará o peche o Gran bruxo da Costa da Morte co conxuro da queimada.

Todo isto terá lugar na eira da cabaseira de Lira o vindeiro día 6 de Xullo.

Desde a Asociación Cultural Canle convidámosvos a compartir con nós unha gran tarde-noite de vran.

Festórreo Lira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *