Concurso Logo XX Aniversario.

Vimos de realizar un concurso cos nenos de Primaria do Colexio de Carnota, tratábase de que nos diseñaran un logo para o 20 aniversario da Asociación.

Estes son os gañadores:

1º Posto: Lucía Caamaño Chouza, 5º Primaria

2ºPosto: David Vila Siaba, 4º Primaria

3º Posto: Adrián Caamaño Caamaño, 6º Primaria

Vamos utilizar o vencedor para facer unha serie limitada de camisolas.

Os premios dos nenos entregaranse o día 8 o mediodía, durante a degustación tradicional da empanada de millo.

Por último, agradecer o Colexio que nos deixara realizar o concurso e sobre todo agradecer os nenos que pintaran para nós.