VII Campionato de Xadrez Canle.

O vindeiro día 3 de Septembro terá lugar en Mar de Lira o VII Campionato de Xadrez organizado pola A.C.Canle.

Este ano haberá categoría única e xogarase seguindo o sistema Suizo, as normas serán as da FIDE.

Todos aqueles interesados en participar podrán inscribirse mandando un correo a dirección accanle@gmail.com, neste porase TORNEO XADREZ seguido do nome do participante. A data límite de inscripción será o 1 de Septembro.

En principio o torneo terá lugar ó aire libre, e se o tempo non acompaña, trasladarémonos ó local da Confraría de pescadores de Lira.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo, camisola e libros.
2º Clasificado: Trofeo e libros.
3º Clasificado: Trofeo.

Para máis información solicitala en accanle@gmail.com.

 

Colabora co torneo aportando material:  McGestal

 www.mcgestal.com