Festórreo para o 1 de Agosto

Cartel festórreo

Lembrarán que tivemos que aplazar o festórreo da súa data orixinal por culpa das condicións meteorolóxicas. Pois ben, voltamos con máis gañas e menos chuvia.

A partir das oito da tardiña poderán degustar a tradicional empanada acompañados pola música dos nosos amigos de Parameán e as cantareiras de Asc O Rumial de Campo de Cortes.

Xa ás once da noite teremos o Canle Nius, o noso noticieiro anual dos que non lle teñen medo á realidade e á imaxinación tampouco.

Mais tarde disfrutaremos da actuación estelar do gran Pazos de Merexo na compaña dos artistas invitados Xurxo Souto, Pulpiño Viascón e Xan Papaqueixos e para despedirnos a música de Os Claretes e Os Mecánicos

O verán en A.C. Canle

Esta é a relación de actividades que imos realizar no verán. Tamén lles recordamos que neste tempo se desexan recoller os carnés dos socios que aínda non o fixeran e daqueles que queiran darse de alta, poderano facer en calquera destes eventos, pois non os poderemos atender no horario habitual de fin de semana.

Sábado 31 de Maio:

  • Torneo de Xadrez de fin das clases para nenos. Están invitados a asistir pais, familiares, amigos… Ó final entregarémoslles trofeos.

Venres 6 de Xuño:

  • Finais da liga femenina de Tenis de mesa

Sábado 7 de Xuño:

  • Finais da liga de Xadrez
  • Finais da liga masculina de Tenis de mesa

Sábado 5 de Xullo:

Sábado 9 de Agosto:

Saúde e sorte polos camiños