Presentación Ám@me

O vindeiro 22 de xuño terá lugar na Lonxa Vella a presentación do libro Ám@me das escritoras Chis Oliveira e Amada Traba.

Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor.

Proxección ‘before the flood’



O cambio climático é unha realidade, dende Canle queremos sumarnos ao día mundial do medio ambiente proxectando o documental ‘before the flood’. A cinta dirixida por Martín Scorsese proxectarase en V.O subtitulada o castelán e está recomendada para maiores de 10 anos. Sábado 8 de xuño ás 19:00, vémonos na Lonxa Vella.

V certamen de fotografía

V Certamen de fotografía
• Bases que rexerán:
• A participación é totalmente libre cun máximo de dúas imaxes por persoa.
• O tema ten un enfoque de libre interpretación (valorarase a orixinalidade) sempre e cando sexan imaxes que se axusten a este motivo, isto é: que todas a imaxes deberán ser sacadas dentro dos lindes de Lira, as imaxes pódense entregar de dúas maneiras: impresa en papel fotografía de 20X30(D4), ou enviar a imaxe por correo electrónico que aparece no seguinte punto con unha calidade minima obrigatoria de 240ppp (pixels por pulgada), recomendamos 300ppp.
• As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico “fotografiacanle@gmail.com” cada fotografía que participe ten que ir acompañado cos seguintes datos; en “asunto” o título da imaxe e xa dentro do correo; Nome, apelidos, idade do autor e a zona xeográfica concreta onde foi tomada a imaxe.
• As imaxes presentadas deberán ser inéditas, sen axuste algún. Poderán ser antigas pero non difundidas anteriormente (redes sociáis, etc…).
• O xurado poderá deixar descubertos o 1º é 2º premio si valoran que as imaxes recibidas non son merecedoras de premio, tamén queda na elección da Asociación unha vez o xurado elixa, que fotos das recibidas por correo eletrónico se van imprimir.
• O 1º premio será un dron con cámara HD, o 2º premio esta dotado de unha cámara polaroid e o 3º premio (elexido polos asistentes o día da presentación da exposición) será unha cámara deportiva.
• O prazo para o envío das fotografías rematará a medianoite do día 1 de xuño, no mes de xuño farase entrega dos premios e exposición das imaxes no local da asociación.
• Todas as obras que nos chegen quedarán no poder da Asociación, podendo reproducilas e difundilas con total liberdade.
• Se existise algunha dúbida sobre a mecánica do consurso non dubiden en usar os medios dixitais dos que dispoñemos.
• A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.
• Coa publicación destas bases queda aberto o plazo de admisión para o concurso.

Inxusticia

Manifestamos públicamente o apoio da A.C.Canle a petición de INDULTO formulada por D. Manuel Antonio Martínez Lustres .

Para reforzar dita petición hai en marcha unha campaña que suma máis de 1000 firmas en menos de 24h.
Podedes mostrar o voso apoio firmando no seguinte enlace:

http://chng.it/pTnHvkXQ


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL CANLE

De conformidade co previsto no artigo 51 dos Estatutos da Asociación Cultural Canle de Lira convócase ás persoas asociadas a unha asemblea xeral extraordinaria.
Día: 27 de Xaneiro de 2019
Hora: 12:00 h en primeira convocatoria 12:30 h en segunda convocatoria.
Lugar: Lonxa Vella (Portocubelo)
Orde do día: Modificación dos estatutos da asociación no seu artigo 5º, engadindo o seguinte  obxectivo: “f) Defensa e promoción do patrimonio marítimo galego”
 
En Lira a 16 de xaneiro de 2019