XIX Carreirá a pé

Xa está aquí a XIX edición da Carreira a Pé! Para axilizar as inscripcións, este ano pódese facer enviando un correo electrónico a: carreiraapecanle@gmail.com aportando nome, apelidos e data de nacemento do participante.

E como non todo vai ser deporte, o rematar as carreiras haberá sardiñas e pementos de Padrón.

 

Homenaxe musical as xentes do Mar de Lira

O pasado 14 de Xullo celebrouse na lonxa de Lira o Homenaxe musical as xentes do Mar de  Lira a cargo do Grupo Triade de Vigo.

Dende Canle só nos queda agradecer a estes amigos de Vigo por obsequiarnos con esa marabilla de concerto.

 

Na foto: Emilio Louro (Secretario da Confraría de Lira) Pedro Balayo (Presidente de Canle) e os integrantes do Grupo Triade.

 

Concurso Logo XX Aniversario.

Vimos de realizar un concurso cos nenos de Primaria do Colexio de Carnota, tratábase de que nos diseñaran un logo para o 20 aniversario da Asociación.

Estes son os gañadores:

1º Posto: Lucía Caamaño Chouza, 5º Primaria

2ºPosto: David Vila Siaba, 4º Primaria

3º Posto: Adrián Caamaño Caamaño, 6º Primaria

Vamos utilizar o vencedor para facer unha serie limitada de camisolas.

Os premios dos nenos entregaranse o día 8 o mediodía, durante a degustación tradicional da empanada de millo.

Por último, agradecer o Colexio que nos deixara realizar o concurso e sobre todo agradecer os nenos que pintaran para nós.