Este Sábado retomamos as actividades de Tenis de Mesa e Xadrez. Temos varias novedades en forma de novos días e grupos. Imos comezar cunha clase especial de Xadrez para todos aqueles que saiban mover as pezas. Poderán asistir tódolos adultos e algúns nenos do ano pasado. Esta clase pretende non aprender moito Xadrez, senon conseguir que sexa máis divertido, pois unha das queixas habituais dos que queren iniciarse neste deporte é que non saben facer en cada momento cando xogan. Esta clase está dirisida a solucionar este problema.

Tamén faremos os grupos nese momento para nenos que queiran comezar ou continuar, aínda que tamén os poden inscribir mandándonos un mensaxe ó noso facebook, ó noso correo ou comentándollo a algún dos directivos da asociación.

En Tenis de mesa aparte da liga que volveremos a ter, empezaremos un grupo tamén para nenos que así terán un horario designado para que eles poidan practicar.

O horario será moito máis amplo e esperamos poder atendelos uns tres días á semana. Nembargantes esta semana so estaremos presentes o Sábado e ca clase introductoria:

Sábado 20:

  • 16:00 – 16:30 Inscripcións a Xadrez.
  • 16:30 – 18:00 Clase introductoria para adultos e rapaces do grupo 2.

Saúde e sorte polos camiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *